Burela, 30 de agosto de 2016. Vamos directamente ó grano, porque ós cidadáns non lles gusta que se xogue cos seus cartos. E o asunto da contribución urbana este ano está causando bastante malestar entre os veciños, xa non polo que vai subir, senón pola tardanza no cobro.
1 .- Pleno de 10/outubro/2013.- O goberno municipal do PP propón unha modificación da ordenanza municipal sobre o imposto de bens inmobles (a partires de agora, contribución urbana), para que os veciños que teñen domiciliado o pago do mesmo nunha entidade bancaria o abonen en dous prazos, en xuño e en outubro. A proposta é aprobada por unanimidade.
2 .- Según se pode comprobar na páxina da sede electrónica do Concello de Burela, a ordenanza municipal indicada di no seu artigo 6.3., o seguinte: “3.- A domiciliación do Imposto sobre bens inmobles implicará o seu fraccionamento en dous períodos, de xeito que o primeiro cargo realizarase o día 5 de xuño polo importe do cincuenta por cento do recibo, e o segundo cargo realizarase o día 5 de outubro polo restante importe do cincuenta por cento do recibo.” Esta ordenanza non foi modificada a día de hoxe, e polo tanto está plenamento en vigor.
3 .- Pleno do 30/xullo/2015.- O pleno acorda “delegar as competencias deste concello en materia de xestión, inspeccion e recadacion, tanto en período voluntario como en período executivo, a favor da Deputación Provincial de Lugo”. Non obstante, nese acordo especifícase que “…para o exercicio das competencias delegadas, a Deputación Provincial aterase ao disposto nas presentes bases, ao ordenamento xurídico local e demais lexislación aplicable de conformidade coa normativa reguladora das facendas locais…”.
4 .- Polo tanto, a Deputación tivo tempo de sobra de prepararse para pasar ó cobro a contribución urbana do noso concello. Cando menos, é de gargallada que se nos diga por parte do alcalde (sin que se poña colorado) que a Deputación tén moito traballo: ós veciños non lles importa se a Deputación tén moito traballo ou non; os veciños en todo caso o que queren é que se lles respecte os seus dereitos. Ademáis, calquera persoa que esteña no asunto sabe que o servicio de recaudación da Deputación é un servicio que vén funcionando desde hai máis de quince anos con solvencia e eficacia.
5 .- A Deputación non pode saltarse o “ordenamento xurídico local”, ou seña, a ordenanza municipal, xa que ésta está en vigor e polo tanto tén plena vixencia. É máis, a Deputación non se tén dirixido ó Concello para facer ningunha modificación ó respecto e nin tan siquera tén adoptado ningún acordo sobre o asunto.
6 .- Polo tanto, este ano tíñase que ter pasado ó cobro o primeiro 50% dos recibos domiciliados no mes de xuño, e o segundo 50% debería pasarse en outubro. Pero non vai ser así, pagaremos todo xunto en outubro.
7 .- Resulta patético ver cómo o Sr. Llano parece defender á Deputación pero en realidade escúdase nela para non asumir ningunha responsabilidade, nin tan siquera a de pedir disculpas por non ter avisado en tempo e forma (a principios de xuño, e través da prensa e de bandos) do que ía pasar.
8 .- Recoñecer erros e asumir responsabilidades é mesmo sano como hixiene mental persoal. Por desgracia, hai persoas que nunca teñen a culpa de nada, nin endexamáis recoñecen erros. Alá eles coa súa hixiene mental…. O Sr. Llano é un deles. Pero él sabe que un coxo sempre corre máis ca un mentiroso….
Asdo., O GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



