Mondoñedo, 30 de agosto de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, recibirá a un grupo de empresarios e periodistas chinos aos que acompañan os profesores Arturo de las Heras (UDIMA) e Felipe R. Debasa Navalpotro (Rey Juan Carlos). A iniciativa nace froito do convenio de colaboración firmado entre o Concello de Mondoñedo e a Universidad Oficial UDIM hai tan só un mes.
A rexedora presentará Mondoñedo á comunidade china como un dos atractivos de Galicia, que con tempo se veñen posicionando con forza no escenario internacional.
Elena Candia sinala que: “é unha boa oportunidade de pór en valor todo o que representa Mondoñedo, á vez que intentamos buscar oportunidades para que as persoas se podan desenvolver aquí sen necesidade de marchar”.
A delegación será recibida institucionalmente no Concello de Mondoñedo mañá. De seguido, visitarán a Catedral (Patrimonio da Humanidade), así como algún establecemento representativo da actividade tradicional da cidade. Ambas as partes manifestan que se trata dunha primeira toma de contacto para analizar a posibilidade de establecer pontes de intercambio económico e cultural xeradores de actividade.
Delegación
A delegación confórmana empresarios do sector da hostalería, inmobiliario, importación-exportación, etc… Entre os periodistas atópase o editor do prestixioso medio de comunicación dirixido á comunidade china residente en España, el Mandarín. http://www.elmandarin.info, quen acudirá acompañado dun grupo de xornalistas chinos interesados en coñecer de primeira man o Val de Mondoñedo e a súa comarca.
Integrantes:
Profesor Arturo-Hamai de las Heras. CEO da Universidad Oficial UDIMA e do Centro de Estudios Financieros (CEF). Membro da Xunta Directiva do Club Financiero Génova.
Sr. Chengquian Qiu. Presidente do Grupo de medios de comunicación chinos OUHUA e do periódico El Mandarín, diario de referencia para a comunidade china residente en España.
Sr. Paco Quian. Empresario de diversos sectores (import-export, electricidad, etc…) Presidente da Unión de Paisanos de Pekín en España.
Sr. Rubén Wang. Xerente do Grupo Restaurador la Dehesa, e vicepresidente da Inmobiliaria Dayuanhuan e da Asociación de Desarrollo Económico General de China en España.
Profesor Dr. Felipe-Zhiwei Debasa Navalpotro. Profesor da Universidad Rey Juan Carlos, Profesor Visitante Universidad de Lenguas y Cultura de Pekín, Coordinador Observatorio de Estudios Sino-Europeos Pang Diwo del Instituto de Humanidades. Membro da Junta Directiva del Club Financiero Génova.
Os profesores De las Heras e Debasa están de volta dunha Viaxe de Estudos por China para analizar sobre el terreo la iniciativa política proposta polo Presidente Xi Jinping en referencia á Ruta da Seda “One Belt, One Road”. Trátase de impulsar un moderno cinto económico que unirá Europa, Asia Central e China, sobre a base da antigua Ruta da Seda, apostando por un modelo que xere riqueza e axude ao entendemento cultural de pobos diferentes.
O profesor de las Heras explica que “se podería considerar que a Ruta da Seda e o Camiño de Santiago foron dous dos activos más importantes ao longo da historia da humanidade para transmitir memes culturais e, por tanto, xerar riqueza. Pensamos que poderíamos ter un papel activo sumando sinerxías entre elementos importantes destas rutas, pois no escenario internacional do Mundo Actual débese pensar en clave global”.
Así, consideran que Mondoñedo ten numerosos activos que poden interesar ao publico chino como son, sinala o profesor Debasa: “uns produtos alimenticios de gran calidade, un excelente medio ambiente, unha gran historia cargada de memes culturais, e 2 ítems declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.










No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.