Burela 5-8-16. A canteirá Silvia Rubal Casas (Burela, 1995) vén de formalizar a súa renovación no CD Burela FS Pescados Rubén dedicada por completo ao conxunto sénior, despois dunha tempada na que compatibilizou obrigas entre o equipo filial e o de Primeira División RFEF. A xogadora estivo acompañada polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale, que destacaron “o compromiso, dedicación e incansable traballo” desta nova promesa.
“Será unha tempada diferente. Espero participar máis e axudar máis ao equipo que en anos anteriores, nos que estaba nunha fase máis de aprendizaxe”, expresaba así a súa declaración de intencións a burelá, valorando especialmente a experiencia do último exercicio na súa maduración como deportista: “Co equipo filial tiven a oportunidade de desenvolver outro rol, era das máis veteranas e puiden aprender a falar máis coas miñas compañeiras na pista, a temperar os nervios na pista e a ter máis confianza, algo que non podía facer no primeiro equipo. Puiden contribuír por min mesma por primeira vez”.
Silvia, que con tan só 20 anos, xa puido vivir a experiencia laranxa dos dous títulos de liga, volve depositar toda a súa ilusión nos obxectivos do equipo: “Será un cadro competitivo, aínda que teremos cambios; virán outras xogadoras e o equipo seguirá loitando como sempre se caracterizou”, confesaba a ala mariñá, con mestura de emocións fronte a Vista Alegre: “Sei que aquí teño un grande apoio, pero tamén moitos máis nervios; o ano que xoguei fóra, co Rioja FSF, xogaba máis relaxada, máis solta. Non quero deixar de sentir eses nervios, teño que aprendez a canalizalos para axudar máis na pista”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
