Lugo, 6 de setembro de 2016. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, recibiron este martes no Pazo de San Marcos aos 15 mozos lucenses no paro que resultaron beneficiados do Communitteando. Trátase do obradoiro social de emprego xuvenil da Deputación, que ofrece formación teórica e práctica, remunerada cuns 650 euros mensuais, que é o salario mínimo interprofesional. Os seus obxectivos son contribuír á inserción laboral dos rapaces nun dos nichos de empregos detectados na provincia, como son as TIC´s; así como ao acceso universal ás instalacións públicas.
Durante 6 meses, os participantes formaranse como Community Manager e recibirán formación especializada sobre sistemas operativos, elementos da rede e aplicacións informáticas e microinformáticas. Farano nas instalacións de COGAMI na capital luguesa, colectivo que colabora coa Deputación no desenvolvemento deste obradoiro. Son un total de 960 horas de formación teórica.
Aplicación tecnolóxica
“Seredes os responsables da creación dunha nova página web para impulsar o traballo que leva a cabo COGAMI, así como dunha pioneira aplicación tecnolóxica coa que buscamos detectar as barreiras arquitectónicas existentes, que impiden un acceso universal ás instalacións públicas”, explicou Campos Conde.
A través desta aplicación, os veciños poderán trasladar de xeito inmediato mediante os seus dispositivos móbiles ás dificultades de accesos coas que aínda se atopan moitos cidadáns. “O noso obxectivo é tentar darlles solucións dende todas as administracións responsables”, apuntou o Presidente.
Trátase dun proxecto piloto que se porá en marcha na cidade de Lugo, pero que se busca estender a toda a provincia.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



