Ribadeo, 23 de setembro de 2016. No pleno ordinario celebrado este xoves no Concello ribadense aprobouse a conta xeral de 2015. A liquidación deu un resultado positivo duns 500.000 euros, segundo subliñou o alcalde, Fernando Suárez, este venres. Na sesión tamén se aceptou a cesión dos viarios provinciais que a Deputación tiña no entorno da praia das Catedrais ao Concello.
O rexedor contou que “neste pleno ordinario celebrado onte á noite démoslle a benvida á nova concelleira do PSOE, Aurora González Ginzo, que se incorporou nesa sesión e saudámola desde todos os grupos da Corporación, saben lexitimamente que cada grupo ten a súa posición política sobre a vida e sobre Ribadeo, pero que todos buscamos o mellor para este concello e esperemos tamén encontrarnos entre todos en grandes acordos para ben dos veciños e veciñas do concello”.
Suárez Barcia explicou que “no pleno deuse conta dos aspectos económicos e de xestión sobre todo do orzamento pasado, aprobando a conta xeral do ano 2015, que é un documento técnico que rende a contabilidade do exercicio anterior para enviar ao Tribunal de Contas para que o fiscalice. E dentro desa documentación está a liquidación de 2015, que deu un resultado orzamentario positivo nuns 500.000 euros. Trátase da diferenza positiva entre os dereitos recoñecidos e pendentes de cobro e as obrigas recoñecidas e pendentes de pago. É dicir gastamos 500.000 euros menos do que ingresamos. E isto acumula un remanente de tesourería positivo de practicamente 1.400.000 euros”.
O alcalde dixo que “non é que nademos na abundancia nin moito menos, e ademais estes recursos positivos non son de libre disposición. A lei de estabilidade restrinxe o destino deste remanente e obxectivo principal é a amortización de débeda e é no que estamos traballando, sen descuidar as outras actuacións de inversión de fondos municipais”.
No pleno ordinario de onte “tamén aprobamos unha serie de modificacións puntuais da RPT municipal, da relación de postos de traballo, que afectan a varios postos de traballo deste Concello. E demos conta tamén do informe trimestral de seguimento do plan de axuste. Imos cumprindo, hai que ter en conta que foi un plan deseñado a dez anos, e aínda que non se axusten ao establecido no inicio a situación é favorable posto que a situación é favorable no Concello de Ribadeo”.
Fernando Suárez engadiu que “no apartado de infraestruturas finalmente acordamos esa encomenda de xestión ao Concello de Trabada para que arranxe unha vía de comunicación practicamente toda da súa titularidade, das parroquias de Balboa, etc, pero que pasa un cachiño por Ribadeo e outro por Barreiros. No que ten que ver co noso Concello fixémoslles a encomenda de xestión sen ningún problema e con ánimo de que arranxen ese vieiro canto antes”.
O alcalde manifestou que “tamén aceptamos o que é a cesión dos viarios provinciais que a Deputación fixo no Concello de Ribadeo no entorno da praia das Catedrais e con ese viario provincial que o Concello pediu hai uns meses, a Deputación aceptou entregalo e o Concello acepta agora a cesión. É un programa máis ambicioso, que persegue nesta redacción que estamos a facer do plan especial de protección das Catedrais que o Concello teña máis competencias e haxa menos administracións que ás veces chocan unhas coas outras para facer un plan estratéxico moi importante de cara a conservar, de cara a mobilizar toda esa riqueza turística, paisaxística e medio ambiental e cómo non e que acaba redundando en Ribadeo e nas súas xentes”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



