A Mariña, 27 de setembro de 2016. A Mancomunidade de Municipios da Mariña reunirase este xoves, 29 de setembro, no IES de Foz coa Mariña Federación e con este centro de ensino. O obxectivo pasa por estudar as medidas a levar a cabo para mellorar a atención ao cliente nos locais de hostalaría e restauración.
O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, explicou que “un dos cometidos que temos programados desde a Mancomunidade para facer unha mellora substancial na hostalería e na restauración, é un acordo/convenio entre o IES de Foz, a Federación de Comerciantes de toda A Mariña máis a Mancomunidade para establecer un mecanismo de formación, simposios, cursiños e de todo aquilo que sexa bo para mellorar sempre e redundar nunha maior calidade e mellor atención para os turistas que veñen á nosa zona”.
Llano anunciou que “imos facer unha xuntanza o vindeiro xoves no IES de Foz. Estaremos as partes implicadas, representantes de cada unha das asociacións e institucións. Imos comezar a ver se podemos xa darlle saída no mes de outubro ou novembro a unha iniciativa que consistirá, por exemplo, na mellora das cartas de presentación dun restaurante. Estas cartas tamén irán traducidas a varios idiomas. A ver se estes meses de outubro, novembro e decembro podemos ir facendo algo que sexa importante para ir dándolle para adiante a esta iniciativa”.
O presidente da Mancomunidade engadiu: “consideramos que pode ter boa acollida entre os restauradores e os hostaleiros. Imos facer posiblemente un curso de iniciación no propio IES, pero despois poderemos ir abríndonos a cada un dos concellos, ver cales son as necesidades máis urxentes e poder levar estes cursiños ou xornadas a cada un deles dos concellos”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



