A Peña Barcelonista San Miguel, de San Miguel de Reinante, empeza unha nova temporada, na que agarda seguir organizando actividades de todo tipo.
Para este mes de setembro ten previstas dúas. O vindeiro domingo 18 de outubro celebrará a súa tradicional churrascada de comezo de temporada, na que logo de dar boa conta dunha comida, falarase das actividades e viaxes a facer durante a tempada 2016-2017.
Para o día 24 de setembro están organizando un desprazamento a Xixón, para animar ó Barça no estadio do Molinón, no partido que o enfrontará ó Sporting. A expedición peñística sairá de San Miguel de Reinante o mesmo sábado ás 10 da mañá, coa intención de facer una pequena visita turísta á cidade asturiana, comer e asistir ó partido de fútbol que será ás 16.30 h. A volta está prevista cando remate o partido.
E xa para o mes de outubro, a peña está formando parte da organización das carreiras e andaina Monte Comado, que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Reinante. Toda a información sobre este evento podese obter en www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com.
A peña anima a todo-los afeccionados da zona a unirse a eles para ver os partido por Tv no restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia.
Así mesmo, calquer persoa que desexe facerse socio da peña, pode informase no teléfono 625 82 10 44. A cota é de 36 € por temporada.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
