Ribadeo, 16 de setembro de 2016. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) pon en marcha este venres, a súa nova páxina web, que inclúe información sobre o colectivo e de todos os seus asociados, con imaxes e datos de cada un deles.
ACISA leva un ano traballando na elaboración desta nova páxina da internet na que se explican as vantaxes que supón formar parte deste colectivo empresarial. Tamén aparece información sobre as actividades e eventos que organiza así como de cada un dos socios, con imaxes, descrición do seu negocio e a súa localización nun mapa. Estes son algúns dos contidos da nova web de ACISA, sobre a que o presidente da asociación, David Martínez, explicou que “o que se pretende é involucrar aos socios para que teñan a súa propia plataforma dentro da web e poidan poñer nela as súas informacións sobre todos os seus eventos e actividades, así como, por suposto, todas as que organiza ACISA. É moi importante que os socios inclúan tamén as súas ofertas e promocións para dalas a coñecer por medio desta web”.
David Martínez engadiu que “todos os socios están presenten nesta web con fotos e a súa localización, distribuídos por categorías segundo a súa actividade, o que tamén é moi importante. Entón unha persoa que queira buscar algo en Ribadeo pode ir directamente a esta web para atopalo a través desta ferramenta”.
A directiva de ACISA está moi orgullosa de poñer en marcha esta nova páxina na internet porque considera que “é un gran medio para publicitar tanto á asociación como a cada un dos seus membros”.
A páxina www.acisaribadeo.es estará operativa a última hora da tarde deste venres.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



