A Delegación de Deportes de Mondoñedo colabora coa Comisión de Festas dos Remedios organizando o sábado 10 pola mañá a Ruta de Os Acivros. A saída é ás 09.00 horas na Praza da Catedral. Importante confirmar asistencia por teléfono no número 605 790 091. Irase en coches ao lugar de partida e a ruta dura aproximadamente 4 horas. E, para os máis novos, o sábado 10, a Delegación de Deportes organiza ás 17.00 horas a procura do tesouro. O lugar de realización será a Alameda dos Remedios. Teñen que estar 10 minutos antes de empezar para poder organizar os grupos.
Actividades deportivos polos Remedios
Actividades deportivos polos Remedios
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz