CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. “Se necesita dependenta. Sólo se valorarán candidatas con edad inferior a 30 e imprescindible adjuntar fotografía. Recogemos curriculum en tienda.”
Así rezaba un folio A4 impreso para a ocasión e ubicado no punto máis céntrico do escaparate dun, tamén céntrico –valga a redundancia-, local de roupa feminina sita nunha das arterias principais da Coruña, Federico Tapia, lugar onde o abaixo firmante traballa.
Camiñaba de volta á casa despois do fragor da batalla, doutro día máis deses que enchen os almanaques sen gloria nin pena, cando reparei naquela fiestra de oportunidade en forma de oferta de traballo.
“I need you, I don´t need you…”
Sonaba na miña cabeza aquela sensacional canción de Leonard Cohen que falaba da historia fugaz de dous amantes que se atopaban no ascensor do icónico Hotel Chelsea de New York.
E é que, por se todavía quedara alguén que non estivera ao tanto, por alí, polo mítico hotel, desfilaron en forma de hospedes parte dos máis escollidos referentes culturais do século XX:
Dylan Thomas, Marc Twain, Allen Gingsberg, Sartre, Kerouac, Bukowski, artistas plásticos coma Frida, a musa de Warhol Nico, alí finou a relación tóxica entre Sid Vicious e Nancy Spungen ou compuxo algunha das súas mellores cancións un tal Robert Allen Zimmerman –baixo o nome artístico de Bob Dylan-. Celebridades a eito.
Naquel lugar había maxia, e Cohen tamén foi buscando ás musas residindo temporalmente na habitación 1010. Conta a lenda (tamén o conta a canción) que o poeta canadense atopou a Janis Joplin cando ía de camiño ao ascensor.
Son faladurías tamén, mais dicían que Janis andaba na busca do guapo Kris Kristofferson e Cohen facía o propio con Bridgit Bardot –nada certo, poida que só especulacións adicadas a darlle máis épica á historia se cabe-. O caso é que Leonard e Janis se atoparon: “Está vostede de sorte señorita, eu son Kris Kristofferson.”
E pasaron unha noite xuntos, e a mística do hotel, a libido, o sexo ou sinxelamente a espontaneidade da vida fixo que a noite fora especial. Despois da tempestade Janis espetou aquela célebre frase: “Somos feos pero todavía temos a música.” Xenial.
E de repente volvín á rúa, a Coruña, á praza de Vigo, e de novo aquel estribillo repetitivo:
“I need you, I don´t need you…”
E acordeime da oferta de traballo, da necesidade de ser menor de trinta, de estar de bo ver, e pensei que, ó fin e ó cabo, quen paga decide; como aquel tipo de Ordes que tiña un bar e que buscaba “chica trabajadora, responsable, guapa y un poco puta con trato agradable con los clientes”…
Do mesmo xeito pensaba no penoso da situación, eran feos e non tiñan a música. ¡Qué lástima que algúns, con criterios estéticos autoritarios, se perderan a Janis e a Cohen, a Frida e a Dylan..!
“I need you, I don´t need you.”
Pablo Álvarez.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



