Lugo, 8 de setembro de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, cualificou este xoves a nova web do partido na provincia www.ppdelugo.es de “moi necesaria para achegarnos á sociedade”. A popular engadiu que con esta nova plataforma “melloramos unha canle de comunicación que nos permite interactuar dun xeito fácil cos cidadáns, modernizándonos e avanzando, deste xeito, nun dos nosos propósitos, o de abrir o partido aos veciños e veciñas”.
A presentación da nova páxina web do PP de Lugo tivo lugar esta mañá na sede do partido provincial. Ademais da presidenta tamén participou o secretario xeral dos populares lucenses, Carlos Armesto e o vicesecretario de Novas Tecnoloxías do partido, Manuel Antonio Fernández. Este novo portal é o resultado dun traballo desenvolvido pola Comisión Provincial de Novas Tecnoloxías e para o que se tiveron en conta as ideas e achegas de usuarios e militantes recollidas tanto a través do buzón do militante como a través das distintas reunións celebradas coa veciñanza.
Candia explicou que se trata dun novo espazo cun deseño “moderno e máis funcional, visual e interactivo”. A web corporativa incorpora as novas tecnoloxías e tendencias web e a súa visualización é óptima para todo tipo de dispositivos, tanto para ordenador como para móbiles e táctiles. Ademais, en relación co seu deseño, a popular asegura que é “máis accesible e intuitiva”.
Na busca dunha maior participación
Os populares explican que a importancia deste novo espazo dinámico e multimedia radica en lograr máis participación, ademais de ofrecer máis información e maior transparencia. Deste xeito, por un lado a través da web darase conta da información, axenda e novas relacionadas co Partido Popular da Provincial de Lugo e, por outro lado, o espazo mantén as novas canles de participación con cidadáns militantes e afiliados, grazas a ferramentas de interacción presentes na web e á súa integración coas redes sociais.
Unha web trilingüe
A web conta cun botón de tradución automática do galego ao castelán e o inglés. Trátase dunha demanda que fixeron chegar os usuarios e se decidiu implementar. Os populares explican que non se descarta engadir máis idiomas se houbera demanda.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



