O tòpico, en canto que a universalización de certas peculiaridades ou características que se dan en determinado colectivo humano, afecta a tódolos pobos, e na maioría dos casos entrana un erro, xa que resulta moi arriscado atribuir á colectividade, por simple adición ou inercia mental, circunstancias propias de actitudes individuais.
Numerosos son os tópicos que pretenden definir ós galegos; e un destes é aquel , según o cal, sendo fondamente individualistas na súa terra, a secular experiencia da emigración os fai soiidarios na lonxanía. Os defensores da tese aportan como argumento o feito de que alí onde se atopan catro galegos de contado xurde un ente arredor do cal se funden, convocados por un sentimento común, para paliar no posible, a dor que produce a ausencia do mais querido : a súa terra e a súa xente. Así se explicaría a existencia de Centros Galegos espallados polo mundo. Pero esa solidaridade xenérica, atribuída en termos globais ós galegos nondeixa de ser, en boa medida, outro tópico: a ausencia da mesma inspirou doridos versos a Curros Enriquez ou a Celso Emilio Ferreiro. É certo que, sobre todo na ausencia, danse casos de auténtica paixón pola terra nai o que fai que quen a experimenta teña sempre presente a súa imaxe e que a cotío se rodee de motivacións para a permanente lembranza.
Heriberto Sixto é un focego de Vilaxoane que en San Xoan de Porto Rico, onde leva arredor de 50 anos, rexenta un próspero negocio de panadería e pastelería. Cada ano, ó menos dúas veces (nunca falta á festa do seu barrio, o San Blás), viaxa ó lugar da nacencia. O seu despacho na empresa portorriqueña, da que é presidente, aparece profusamente decorado con fotografías e obxetos alusivos a Foz;mesmo as súas tarxetas persoais locen o escudo do concello nativo.
Na matrícula dianteira do seu coche americano que circula polas rúas de San Xoan de Porto Rico, en destacados caracteres, lese: “FOZ, CAPITAL DE EUROPA”
Alguen un día comentoulle: “- Pero, señor Sixto,¿no es Bruselas la capital de Europa?
-Para trabajar, sí.;respostou Berto. Para vivir, Foz…



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



