Como vén sendo habitual en tempo de eleccións, asistimos a enésima posta en escea do que poderiamos denominar “a obra por excelencia” das campañas electorais do PP na Mariña. Semella difícil atopar unha farsa mais teatralizada que a da “Traxicomedia da ampliación do Hospital da Costa e o PP”. Tráxico polo abandono que vimos padecendo os mariñáns e mariñás dende a chegada de Feijoó, que alá polo 2009 e dende a festa da faba de Lourenzá, prometía a inminente ampliación do Hospital da Costa, a primeira de moitas promesas incumpridas.
Logo viría o plan funcional, o anuncio de licitación do plan director, a adxudicación deste, o concurso da elaboración do proxecto, a adxudicación do mesmo e o duplo de anuncios a outras tantas comunicacións en prensa e máis anuncios e visitas fulgurantes para por fin inaugurar …….. unha maqueta. A comedia continúa cando o luns, día 01 de maio, preséntanse varios conselleiros, delegada do goberno, alcaldes e demais políticos para inaugurar a “bombo e platillo” o estudo xeotécnico ………..do aparcadoiro subterráneo.
Despois de inaugurada a maqueta na que todos os espazos que agora se utilizan para aparcar os vehículos se converten en xardíns-, son moitos os mariñáns que, ao igual que CIG-Saúde, sabedores do gran interese do PP por construír aparcadoiros de xestión privada nos Hospitais (HULA, Álvaro Cunqueiro) pregúntanse cal será a empresa que vai xestionar o aparcadoiro e cal vai ser o custo que imos ter que pagar os usuarios.
A realidade para a CIG-Saúde é que a día de hoxe, o que temos, son 7 anos de mentiras do PP e un Hospital empequenecido, abandonado, con falta de persoal, de camas e servizos en precario.
A realidade é que sendo moi optimistas e tendo moita fe, atopámonos cun proxecto de ampliación que non dará resposta as necesidades básicas en materia de sanidade na nosa comarca. Unha ampliación que non recolle un aumento significativo do número de camas, que non contempla a instalación dunha resonancia magnética fixa, que non aumenta a carteira de servizos médicos a ofertar, que non aumenta o número de quirófanos, que non contempla unha gardería para axudar a conciliar a vida laboral e familiar das nosas traballadoras.
E tendo aínda moita máis fe, se algún ano rematan a ampliación do noso hospital, volveremos a atoparnos cun centro obsoleto que non chegará para atender as demandas sanitarias da nosa comarca.
Esta comedia continúa hoxe cando nos atopamos que os únicos movementos feitos, foron movementos de terra e a construción parcial dun heliporto desaparecendo de súpeto tanto a maquinaría como as persoas encargadas de realizar as obras.Se en plena campaña electoral Feijóo paraliza as obras desa suposta ampliación, que podemos esperar despois das eleccións do 25 de setembro?
A conclusión para os dirixentes do PP e evidente: temos unha campaña electoral, temos un obxectivo publicitario, non temos vergoña e por tanto, queda inaugurado esta suposta ampliación do Hospital da Costa. Que non temos camas libres?, a quen lle importa iso?, mellor calámolo que estamos en campaña electoral.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



