Burela 5-9-16. Este martes, seis de setembro, dará comezo a acción formativa:“ Taller de costura adaptada”.
Está actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “ Promover a Inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.
A presentación, que terá lugar ás 10:00 horas, será realizada nas novas instalacións do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela (Rúa da estación nº 11) pola Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, Dona. Mª José Nóvoa, quen destacará como obxetivo xeral a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.
Ó mesmo tempo, tamén explicitará os obxetivos específicos a conquerir con esta acción formativa como son: adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais como a puntualidade, compromiso, orden e limpeza…. Sen esquecernos da parte máis importante: a adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás súas necesidades. Esta acción formativa contribúe significativamente á inclusión social das persoas con enfermidade mental, dotándoas de novos coñecementos que facilitan a súa integración social e o avance na súa integración laboral, desterrando prexuízos fortemente arraigados na sociedade que nos rodea.
Nesta primeira xornada, ademáis de explicar o contido e obxetivos da acción formativa, os monitores encargados de desenvolver a mesma comezaron por avaliar os coñecementos previos dos participantes e as súas necesidades e expectativas, en relación á formación que van a recibir nos próximos meses.
Esta acción formativa abarcará dende o 6 de setembro de 2016 ata o 31 de xaneiro do próximo ano.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



