Lugo, 23 de setembro de 2016.- O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo ao Parlamento de Galicia, Francisco Conde, pechou hoxe a campaña na Mariña, con varios mitins celebrados nos concellos de Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.
Conde estivo acompañado pola presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, e o candidato e coordinador comarcal da Mariña, José Manuel Balseiro. O cabeza de lista salientou, diante da gran multitude de público que os arroupou nas intervencións, que esta foi unha campaña “moi positiva, de cercanía e con moito contacto cos colectivos e cos sectores produtivos. Unha campaña de contacto cos veciños, coa cidadanía e coas entidades sen ánimo de lucro. En definitiva, unha campaña de cercanía con Galicia”.
Conde destacou que “pasado mañá toca converter todo ese esforzo nunha vitoria que garanta a Galicia a estabilidade que necesita, e a afaste o máis posible do populismo”. O cabeza de lista advertiu contra a posibilidade de “malgastar o voto en partidos pequenos que ao final só serven de axuda para que o multipartito goberne; a eses votantes, e aos moderados socialistas que non queren entregarlle Galicia ao populismo, lles pido hoxe o seu voto”.
“Este partido se gana o domingo e está moi igualado, ¡hai que saír a votar sí o sí! Pídovos un último esforzo, porque o domingo Galicia merece unha maioría que permita a Alberto Núñez Feijóo gobernar con estabilidade a partir do día 26”, subliñou.
Os populares recordaron ademais o compromiso do candidato do PPdeG cos galegos e galegas, fronte ao resto de alternativas que non presentan un programa claro e non teñen demostrado que teñan ningunha visión de Galicia. “O PP ten demostrado que Alberto Núñez Feijóo é o único que pode ofrecer unha estabilidade e pode propor un goberno cunha visión de Galicia e cun programa claro para todos os galegos e as galegas”.
“Núñez Feijóo é sinónimo dun goberno de estabilidade, que xera confianza: é o único candidato que pode evitar ese bloqueo sistemático ao que nos poderíamos ver abocados aquí en Galicia cun goberno multipartito, como o que agora mesmo temos en Madrid”, recordaron.
Si a Núñez Feijóo, si a Galicia
“En definitiva, o PP trae un programa cunha aposta real por Galicia, un si a Alberto Núñez Feijóo é un si a Galicia”, apuntaron. “O PP trae un goberno que poida dar resposta aos galegos e galegas, que xere confianza e sobre todo que centre as súas políticas na xeración de emprego e na mellora da sanidade, da educación pública, das infraestruturas e, en definitiva, na mellora do benestar e da calidade de vida de Galicia e dos galegos. Esta é a proposta de Núñez Feijóo, o día 25 temos que falar todos en clave de Galicia e falar en clave de Galicia é facer unha proposta por un goberno estable, un goberno que xere certeza e sobre todo un goberno para todos os galegos con respostas concretas para os problemas e os retos que temos todos e todas por diante”, concluíron.
Visita á empresa Migamad, de Paradela
O cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo, Francisco Conde, visitou tamén hoxe as instalacións da empresa Migamad, en Paradela, onde recordou o compromiso do goberno de Núñez Feijóo coas Pemes galegas.
Conde salientou que esta empresa, que fabrica e comercializa bandexas especiais para as industrias de prefabricados de formigón, naceu cunhas instalacións de preto de 1.500 metros cadrados en Portomarín, e hoxe en día xa suma 40.000 metros cadrados en Paradela. “Un crecemento que veu acompañado dunha constante expansión nacional e global”, destacou.
O popular puxo de manifesto “o compromiso da compañía coa innovación como ferramenta para gañar a competitividade necesaria para internacionalizarse”. E neste senso, o cabeza de lista apuntou que o seu fundador, Miguel Gallego, “é exemplo das Pemes galegas que teñen sabido apostar pola I+D+i para sumar novos mercados”.
“Este investimento en automatizar a fábrica de Migamad”, dixo Conde, “tenlle ten permitido gañar máis clientes ata estar presente hoxe en 42 mercados de Europa, América, Asia, África e Oriente Próximo”.
“Deste xeito a empresa Migamad contribúe, ao igual que o resto das empresas da provincia, á boa marcha das exportacións galegas, que veñen de bater no 2015 o seu récord histórico, e que neste ano 2016 están a medrar incluso por riba desas cifras”, salientou.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



