En plena celebración da XXVI Festa da Faba, o 1 e o 2 de outubro, Terras da Mariña terá a disposición dos visitantes tódolos seus produtos en dous stands colocados na Praza do Conde Santo. Ademais, tanto o sábado como o domingo dará a degustar os seus produtos elaborados en conserva: ensalada de Fabas de Lourenzá, fabas de Lourenzá con Bacalao, Fabas de Lourenzá con Callos, Fabas de Lourenzá con Setas e Fabas de Lourenzá con Pulpo.
Ademais, terá a venda I.X.P. Faba de Lourenzá en envases de 1 e 1/2 kg, Faba Verdiña en envases de 1 e 1/2 kg, Faba Galaica a Granel, Faba Galaica en Fresco, Faba en Vaina, Fabas de Cores, etc.
Ademais proxectaremos vídeos sobre todo o proceso productivo da Faba para que todos poidades comprobar o mimo e a dedicación que reciben as nosas Fabas.
E tódolos socios estaremos á disposición para calquera dúbida ou información que precisen os visitantes.
Regent’s Park
E o luns día 3, Terras da Mariña estará en Londres, promocionando os nosos produtos no Meliã White House en Regent’s Park, Londres, continuando así co noso plan de Internacionalización e promocionándonos por Europa. Ademais de dar a oportunidade a tódolos intermediarios, importadores, restaurantes etc. de coñecer de primeira man os nosos produtos, elaboraranse tapas con Faba de Lourenzá e Faba Verdiña así como un menú especial no que tamén estarán presentas as Fabas de Lourenzá Mariña Selecta e as Fabas Verdiñas Da Terriña de Terras da Mariña S. Coop. Galega, para que todo o mundo poida probar e contrastar as súas calidades e texturas.
Esperando non defraudar en Londres, Terras da Mariña continúa promocionándose en Europa e dando a coñecer a Faba de Lourenzá no exterior.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



