O sábado 1 de outubro celébrase no concello de Xove a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa cos preparativos para ter todo preparada para súa apertura.
A inscrición para este encontro pechábase o pasado 16 de setembro cunhas 400 palilleiras interesadas en participar dende Asturias, León e Galicia.
Nestes intres o personal do Concello está a traballar a fondo no Pavillón Municipal de Deportes, lugar onde se centraliza o Encontro, para ter todo listo para o sábado, xa que ás 10.30 horas comezarán as actividades coa recepción das palilleiras.