O Goberno da Deputación levou ao Pleno deste martes unha proposta de modificación de crédito para inxectar outros 3,2 millóns de euros do Orzamento 2016 na provincia, que acadou a unanimidade. Trátase dun investimento, principalmente, adicado a novas melloras nas prestacións públicas de Concellos de toda a provincia, así como ás axudas correspondentes para o C.B. Breogán e o C.D. Lugo, que o Executivo Provincial sempre garantiu, pois os restantes entidades e clubs deportivos lugueses xa contan con axudas de 900.000 euros a través das subvencións de concorrencia competitiva e non competitiva, xa aprobada e pendentes da súa próxima resolución.
Os 3,2 millóns de euros son para as seguintes actuacións:
Navia de Suarna – Mellora de camiños municipais, equipamentos deportivos e sinalización informativa de interese xeral 119.000 euros
Pantón – Mellora de instalacións de abastecemento de auga potable 60.000 euros
Láncara – Acceso en Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Bustocedrón, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro e instalación de báscula de pesada 150.000 euros
Begonte – Rehabilitación da Casa do Concello 72.059,58 euros
Ribeira de Piquín – Creación de centro de día de persoas maiores en edificción dotacional existente 68.750 euros
Cospeito – Abastecemento de auga aos barrios de Descabo, O Sumeiro, Millarada, Barrio de Toxal, Ponte, Vilar, O Calvario, Sixto, Rego, Granadela, Casás e Santalla 481.741,45 euros
Trabada – Acondicionamento da vía de comunicación entre as parroquias de Fórnea, Vidal e Valboa 150.000 euros
Cervantes – Acondicionamento de vías municipais Sevane-Quindous e Cabanas Antiguas, Mellora viario municipal en Degrada e Vilar de Mouros; limpeza e mantemento da rede viaria municipal 125.000 euros
Alfoz – Mellora de depósitos de auga de Adelán e mellora na estación tratamento auga potable de Alfoz; camiños forestais en Oiras, Pereiro, Lagoa, Castro, Carballido e Bacoi 150.000 euros
Lourenzá – Acondicionamento camiño a Zapateira a San Adriano (Incluso honorarios proxecto) 150.394,20 euros
O Valadouro – acondicionamento vías municipais, auditoría enerxética, levantamento topográfico rede abastecemento de auga, equipamento centro de formación, mobiliario e ferramentas 113.472,38 euros
Ourol – Mantemento e mellora de pistas municipais, reparación de pista polideportiva e accesos exteriores, substitución canalón da Casa Consistorial 144.080,52 euros
Becerreá – Demolición antiga escola fogar 103.679,71 euros
Ribadeo – Melloras no auditorio municipal (cuberta, humidades e sistema eléctrico) 60.000 euros
Sarria – Construción da Ponte Ribeira, traslado e instalación de transformadores eléctricos para a piscina municipal e reestruturación da rede informática do Concello de Sarria 208.000 euros
Pedrafita do Cebreiro – Adquisición dun tractor quitaneves e dúas rozadoras e realización do XXVIII certame exposición de gando vacún 120.000 euros
Campus de Lugo – 40.000 euros
Club Baloncesto Breogán SAD e Club Deportivo Lugo SAD – 708.000 euros
Enerxía, transferencias de capital a Concellos – 219.064,72 euros
Feiras, Fundación Feiras e Exposicións – 7.500 euros.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.



