En Marea, 9 setembro de 2016.- En Marea arrancou a campaña en Galicia co seu acto central de pegada de carteis en Lugo onde o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, afirmou que “comeza a campaña electoral en Galicia, un país que Feijóo deixa 220.000 parados. Feijóo é paro. Cos xulgados cheos de corrupción, coa Pokemon, con Bárcenas, cos sobres con diñeiro negro. Feijóo é corrupción. Con miles de mozos e mozas obrigados a saír do país para buscar traballo fora de Galicia. Feijóo é emigración. Cuns servizos de urxencias colapsados mentres hai camas nos hospitais pechadas. Feijóo é mala xestión. Con listas de espera interminables. Feijóo é sufrimento. Con seis desafiuzados ao día. Feijóo é desamparo”.
Villares asegurou que “Feijóo é a destrución e a miseria deste país e en fronte estamos nós, está En Marea, traemos a dignidade á política, somos xente preparada e honesta que vimos acabar coa corrupción e o sufrimento causado polo PP. Vimos crear emprego, vimos reconstruír o país cun proxecto baseado na democracia e na xustiza social. Queremos botar ao PP para acadar un país máis xusto”.
ARRANQUE DA CAMPAÑA NA CORUÑA
Na pegada de carteis que tivo lugar na Coruña, o cabeza de lista de En Marea pola Coruña, Antón Sánchez, salientou que “a marea desta volta chegará a San Caetano”. “Son tantos os sectores e as persoas agredidas por estas dúas lexislaturas de maioría absoluta de Feijóo que o día 25 estou seguro que teremos un goberno que comece a rescatar á maioría social”. Sánchez salientou que o pobo galego non pode agardar outros catro anos máis de recortes e destrución dos servizos públicos, da educación, da sanidade, da prevención de incendios, destes prezos do leite, da desertificación do rural e da economía do mar. “Hai que construír un país xusto con Luís Villares á cabeza, un home limpo que fai fronte ao amigo dun narco” sentenciou Antón Sánchez.
ARRANQUE DA CAMPAÑA EN OURENSE
A cabeza de lista de En Marea en Ourense, Ánxeles Cuña,fixo un chamamento a cambiar Ourense e Galicia aproveitando a forza da Marea. A número 1 de En Marea por Ourense recordou que é necesario acabar co atraso da provincia e coa mala xestión do PP na Xunta exemplificada estes días nos lumes que queiman Ourense. Cuña Bóveda e o número 2, David Rodríguez, acabaron a pegada lembrando a cantiga popular que animaba a acabar “cos ladróns da nosa terra”.
ARRANQUE DE CAMPAÑA EN PONTEVEDRA
“A única alternativa para acabar coa corrupción e a deshumanización do goberno de Núñez Feijóo no noso país é En Marea” afirmou a cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos quen salientou o compromiso de En Marea por devolver a xustiza ao noso país cun proxecto para as persoas e coas persoas que non deixa a ninguén atrás. Santos animou a toda a cidadanía a se sumar a En Marea para acabar dunha vez por todas co desgoberno do Partido Popular e facer entre todos e todas un país máis xusto.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



