O curso de costura e patronaxe, que Mulleres En Igualdade Burela dentro do Programa P.R.I.A.P.E. viña desenvolvendo, finalizaba este xoves 29 de setembro.
As alumnas seleccionadas dentro deste programa, ademais de aprender a facer arranxos básicos na roupa, e tamén aprenderon a cortar e deseñar as súas propias pezas. Mulleres En Igualdade Burela non descarta volver realizar este curso, dentro das actividades programadas para o próximo ano, xa que segundo a súa presidenta Mary Fraga, este tipo de talleres, cos que as mulleres ademais de desenvolver as súas capacidades conseguen, contribuír dunha forma moi importante a mellorar a autoestima e motivación das mulleres participantes e tamén, a participar activamente no aforro da economía familiar.
Pero, este xoves finalizaba tamén o Curso de Competencias Clave, que dentro do mesmo programa, a asociación impartía Ferreira do Valadouro, onde un grupo de mulleres, desde fai tres meses, recibía clases presenciais para a superación do exame oficial.
Desde a asociación queren agradecer especialmente a colaboración do Concello de Ferreira do Valadouro, pola súa contribución e boa disposición con Mulleres En Igualdade Burela, durante o desenvolvemento deste programa. Este curso tamén se impartiu noutros Concellos como Viveiro e nas propias instalacións que a asociación ten en Burela.
Outros cursos como o de “Camareira de pisos”, “Autoestima e motivación”, “Técnicas de relaxación”…..etc, foron impartidos dentro deste programa P.R.I.A.P.E., que MULLERES EN IGUALDADE BURELA, está desenvolvendo desde o pasado mes de maio.
Este programa finaliza, pero MULLERES EN IGUALDADE BURELA, continúa traballando cun novo programa denominado: “MULLER RACHANDO CADEAS”, co que a asociación, pretende incorporar ao mundo laboral, a aquelas mulleres que foron vítimas de violencia de xénero, e que precisan dunha saída laboral. A formación e a incorporación ao mundo laboral destas mulleres, é a prioridade principal deste novo programa.