Lugo, 8 de setembro de 2016.- O candidato lucense do PSdeG-PSOE, Luis Álvarez, ofreceu nunha sectorial de educación, celebrada na Casa Sindical de Lugo, a súa visión sobre as eivas actuais do sistema educativo como profesional da ensinanza. No seu discurso, apoiouse na súa longa traxectoria como directivo de centros de ensinanza e Inspector de Educación. Neste encontro puxeron de manifesto que a educación foi fortemente minguada en canto aos recursos, chegando a contificar unha redución de 400 millóns de euros con respecto ao 2009, ano no que entrou Feijóo no Goberno da Xunta.
“A meirande parte da comunidade educativa pide volver ao modelo que tiñamos antes do 2009, cando gobernaba o PSdeG”, apuntou Álvarez, quen centrou o seu relatorio principalmente en tres consecuencias que afrontan os centros de ensino “pola pésima xestión educativa de Feijóo”. O primeiro deles “ten que ver cunha Galicia trilingüe imaxinaria, en base a unha proposta que creou un conflito lingüístico de onde non o había e intentou implantar, só sobre o papel, unha rede de centros plurilingües sen ter en conta a situación real da sociedade e dos centros”, explicou, achegando unha alternativa “a este despropósito, que pasaría por dotar debidamente aos centros de profesores nativos e formar ao profesorado nestas competencias, sen vender fume nin enganar á xente”.
Por outra banda, o candidato socialista trasladou a súa preocupación polo “custo tan elevado do material escolar, obrigando a cada familia a pagar por cada un dos seus fillos preto de 400€, unha contía desorbitada tendo en conta que en moitos casos supón máis da metade dos cartos que entran nalgúns fogares”, lamentou. “O sistema gratuíto de préstamos que volveremos a implantar en Galicia, está avalado por un informe do defensor do pobo como o máis económico e o máis xusto”, subliñou Álvarez, aseverando que “o Goberno de Feijóo leva anos gastando o dobre co actual sistema que chaman solidario, chegando tan só a un 40% do alumnado, recibindo axudas que non cubren nin a terceira parte deses 400€ que gastan por cada fillo”, zanxou, “a Administración gasta agora máis cartos para dar menos servizos, é inexplicable e intolerable”. Ademais, referiuse á LOMCE como “unha lei feita de costas á comunidade educativa”.
Na opinión de Ángel Felpeto, Conselleiro de Educación en Castela-A Mancha, existe unha actitude totalmente ditatorial do Goberno de España con respecto ao sistema educativo, posto que “doce comunidades autónomas pedimos que, dada a situación política, se procrastinara a aprobación de determinados decretos ao no haber consenso co tema das reválidas, pero a resposta foi negativa e aprobaron sen pactar nin escoitar a ninguén”, destacou.
Pola súa parte, o concelleiro de Lugo e docente, Manolo Núñez, incidiu na importancia da formación e o coñecemento como conditio sine qua non para que unha sociedade avance de xeito positivo. “É crucial ter unha boa calidade educativa para o futuro da nosa cidade e da nosa comunidade autónoma”, comentou, engadindo que “a Consellería fai unha descarada deixación de funcións en materia de comedores escolares e garderías, cargando aos concellos e aportando partidas totalmente insuficientes”, reprobou.
Os relatores coincidiron coa Secretaria de Organización da FeSP-UGT Lugo, Montserrat Rodríguez, que denunciou “a brutal redución de profesorado, así como as leis que quedan moi bonitas no Diario Oficial de Galicia, garantindo igualdade, convivencia, loita contra o acoso escolar, pero para as que se dedican recursos mínimo ou inexistentes”, finalizou.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



