Bruxelas, 7 setembro 2016. “Galicia é, dentro da Unión Europea, un dos países máis altamente dependente do mar, e as actividades relacionadas coa pesca, marisqueo e acuicultura teñen unha significación socio-económica enorme, tendo un grande efecto multiplicador nas empresas distribuidora e transformadora. A escasea de cotas obriga a amarrar barcos, perdendo capacidade de xerar riqueza, e as políticas da UE ano tras ano levan á precariedade laboral e á destrución de emprego. Se non reaccionamos pronto, será tarde”. Son palabras de Javier Castro, armador dunha embarcación de pesca de baixura adicada ao percebe e directivo da confraría de pescadores de Ferrol, que este mércores pola tarde intervirá no Parlamento Europeo, dentro da xornada “Defensa e protección da pesca artesanal e de pequena escala” que organizada o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e que xunto con representantes irlandeses e portugueses estivo a coordinar a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europea (AGEe) Lídia Senra.
Javier Castro será na mesa de relatores deste seminario internacional a voz do sector pesqueiro galego hoxe e tomará a palabra para denunciar en Bruxelas que as políticas da UE “só xeran a destrución de postos de emprego, tanto directos como indirectos”. No seminario, para o que se desprazaron ata Bruxelas case unha vintena de mariñeiras e mariñeiros galegos procedentes de Poio, Corcubión, Cee, Muxía, Vigo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Viveiro e Ribadeo, as e os pescadores galegos denunciaron que o tipo de “xestión empresarial” que leva anos aplicando a UE e o sistema de cotas e de TACs fai que os grandes perxudicados sexan os buques pesqueiros que desenvolven a súa actividade nas poboacións costeiras. “Estamos ante un sistema capitalista mercantilista que nos vai levar a que os pequenos armadores van desaparecer e as cotas pesqueiras van concentrarse nas mans duns poucos, dos que teñen diñeiro para compralas, de xeito que os ricos serán máis ricos e os pobres cada vez máis pobres”, denunciará.
Castro referirase tamén á maneira actual de avaliar o estado recursos e criticará que “os científicos non teñen comunicación cos pescadores”, xa que, ao seu xuízo, “senón non se explica que uns digan que non hai peixe e impoñan TACs á baixa, e outros, os mariñeiros, digamos que si que hai peixe porque o vemos todos os días no mar”.
Da mesma maneira, o pescador galego poñerá a énfase na súa intervención en criticar que a política da UE non exclúa a pesca artesanal dos TACs e cotas, “cando debería de estar exenta” e defenderá que o Estado español debería de aplicar a súa “soberanía exclusiva nas 12 millas”.
Desde o ano 2004 a 2015, os buques pesqueiros con base na Galiza reducíronse nun 20,3%, pasando de 5.565 no ano 2004 a 4.438 no 2015. No caso dos barcos de altura en zona comunitaria, reduciuse nun 50% dende o 2004 ao 2015. Respecto das artes menores, o efecto vese agravado coas capturas accidentais e a frota de artes menores do caladoiro no ano 2015 tiña 935 buques menos que en 2004.
Na súa quenda, Javier Castro tamén terá tempo para falar da política de axudas e subvencións. Neste sentido, criticará que a UE “estea a subvencionar os desguaces, a paralización definitiva e o abandono da actividade”. “As axudas que recibe o sector son subvencións para desguazar a frota e o Estado español acepta os TACs e cotas establecidas pola UE, recoñecendo sobrefrota e elaborando un plan de acción para eliminar 10 barcos mensuais ata 2020, do cal Galiza acapara o 42,2%”, explicará. “O que se fomenta é precisamente o despezamento da frota artesanal, xa que é moi significativo que as primas por GT para os barcos de menos de 12 metros sexan ata 4 veces máis que as de barcos de máis de 18 metros”, denunciará.
Castro concluirá o seu relatorio preguntando tamén a onde foron parar os cartos europeos para sanear as rías galegas, facendo referencia a unha mala xestión que está levando a que se perdan moitas zonas de produción por culpa da contaminación mariña.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



