Mondoñedo 8 de setembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo clausurará este venres o ciclo de cine ao aire libre ‘Victoriano López García’, que se levou a cabo este verán, cunha conferencia sobre a vida do cineasta.
Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que o relatorio será impartido polo prestixioso catedrático da Universidade Complutense de Madrid Emilio C.García Fernández arredor das 20:30 horas no Centro Comarcal da localidade.
Candia salientou a boa acollida que tivo o ciclo de cine “cuxa última proxección será hoxe ás 22:00 horas coa emisión da película Los fenómenos na praza do Concello”.
A rexedora explicou que estas actividades se enmarcan dentro do programa de actos que o Concello está a levar a cabo na honra a este ilustre mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine, polo que recibiu o Galardón de Honra na IV edición dos premios Goya e foi profesor de destacados directores como Luis García Berlanga, José Luis Borau, Juan Antonio Bardem e Carlos Saura, entre outros”.
O ponente, Emilio C. García Fernández
Naceu en Ribadavia (Ourense) no 1953. Ademais dos estudos de Filosofía, Psicoloxía e Publicidade, doutorouse na Sección de Imaxe na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
A súa traxectoria académica abarca máis de trinta anos nos que, ademais de asumir etapas de xestión, dedicouse fundamentalmente como Mestre Titular e agora como Catedrático a ensinar Historia do Cine e dos Medios de Comunicación Españois e Internacionais a numerosas promocións de alumnos.
Na súa actividade investigadora destacan os numerosos libros e artigos que escribiu nos máis variados soportes, as conferencias impartidas e un sen fin de actividades coas que divulgar o cine entre os máis novos.
Escribiu tamén numerosos artigos na prensa diaria e revistas especializadas. E dirixiu tamén varios proxectos e obras audiovisuais.
Títulos académicos
Catedrático da Universidade Complutense de Madrid.
Licenciado en Ciencias da Información. Sección de Imaxe. Universidade Complutense de Madrid. 8 de xuño de 1980.
Doutor en Ciencias da Información. Sección de Imaxe. Universidade Complutense de Madrid. 30 de xuño de 1983.
Licenciado en Publicidade. Universidade Autónoma de Barcelona. Setembro do 1994.
Certificado de Aptitude Pedagóxica. Universidade Complutense de Madrid.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



