A Mariña, 22 de setembro de 2016. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, adicou a xornada a percorrer diversos concellos da Mariña e mantivo una xuntanza co alcalde e co equipo de gobernó de Muras. “Muras é o modelo de xestión enerxética do BNG” dixo Rodil que explicou “somos un país produtor e exportador de enerxía e temos que facer que as galegas e galegos se beneficien desta circunstancia” e engadiu “non pode ser que padezamos os efectos negativos das centrais térmicas, dos encoros e dos parques eólicos e non teñamos ninguna compensación”.
O concello de Muras será o primeiro concello galego que asuma parte do pago do recibo da luz cos cartos procedentes dos impostos que pagan os máis de 300 parques eólicos que están situados no concello. Rodil dixo que “esto demostra que, se hai vontade política, pódense facer politicas para mellorar a calidade de vida das persoas e facer que os beneficios da produción enerxética revirta directamente no noso territorio”.
Rodil visitou, ademais do concello de Muras, una forxa de Ferreiro en Riotorto, un proxecto de apicultura no Valadouro e pechou a xornada en Barreiros cun acto público e un encontró co Observatorio da Mariña pola Igualdade. Rodil lembrou “a aposta que fixo o BNG, cando tivo responsabilidades de goberno, por sectores como o da artesanía ou o agrogandeiro”. Para a candidata do BNG “a partir deste domingo abrirase un tempo novo no que o BNG será decisivo”.
Olalla Rodil sinalou que “o BNG vai apostar por unha tarifa eléctrica galega que permita un abaratamento dun 30% do recibo para todas as persoas e tamén para as empresas que, como no caso de ALCOA, é fundamental para que poidan manter a súa actividade industrial”.
REMATE DAS CONCESIÓN HIDROELÉCTRICAS DO FRANQUISMO
“En breve rematarán as concesións que o franquismo fixo dos encoros adicados neste país á produción hidroeléctrica” advertiu Olalla Rodil e asegurou que “se do BNG depende esas concesións pasarán a mans públicas para que sexan todas as galegas e galegos que se beneficien dos beneficios xenerados polos encoros que soportamos nos nosos ríos”. Rodil engadiu que “unicamente o BNG se está a pronunciar sobre este tema mentres o resto dos partidos gardan silencio por que deben obediencia ás grandes corporacións”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



