O CD Burela FS Pescados Rubén non puido dar continuidade este sábado ao bo inicio ligueiro. A fortaleza de Vista Alegre non puido arrebatarlle a vitoria ao AD Alcorcón (1-3) malia conseguir poñerse por diante nos compases iniciais. Axiña chegou a igualada das amarelas, que souberon aproveitar as súas oportunidades e tomar vantaxe de 1-3 antes do descanso. A aposta mariñá de porteira xogadora desde a recta final da primeira parte ata a bucina final non obtivo recompensa no luminoso.
Tres tentativas necesitou R. Betim, no seu debut de laranxa, para perforar a meta de Belén de Uña; a brasileira inaugurou o marcador no minuto 5 nun potente disparo de lonxe tras saque de esquina. Con todo, os méritos burelistas axiña se viron empañados pola igualada madrileña, nas zapatillas de Vadillos que foi máis rápida que Elvira aproveitando un balón morto na área mariñá. Outra das caras novas burelistas, Ana Romero -que foi cobrando protagonismo co paso dos minutos-, mostrou unha gran solidez baixo os paus; no ecuador da primeira parte saíu vitoriosa do perigosísimo man a man con Vane Sotelo. Con todo, nada puido facer a murciana tan só dous minutos despois ante a 19 de Alcorcón, que anotou o 1-2 a pase de Clara desde banda oposta. O terceiro das madrileñas chegou no 14 cando Anita Luján, ao bordo da liña de meta, cazou un disparo de falta directa en pugna con Ana Romero. As pupilas de Lucas e Julio Delgado apostaron por xogo de cinco nos últimos tres minutos, lideradas por Bea Mateos; Dany, que buscou a Betim sen éxito ao bordo do pau no 19, e Cilene, a 7 segundos para a bucina, protagonizaron as mellores ocasións das locais.
No segundo acto, a posesión do Pescados Rubén volveu ter a Bea Mateos como baluarte de cinco. Cilene e R. Betim dispuxeron de dous canonazos no minuto 23 apresados pola habilidosa Belén de Uña. A gardameta laranxa tamén tivo traballo; no 26 Desiree puxo moito perigo nun disparo que finalmente se foi desviado e no 28 a 12 burelista foi a encargada de salvar as da Mariña ante a tentativa de Vane Sotelo. Cumpriuse o minuto 30 con asedio das burelistas sobre a impasible Belén fronte a Cilene e Betim. O cadro de Lucas e Julio pelexou ata a extenuación por reducir as distancias sen fortuna ante a férrea defensa amarela liderada por De Uña.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Ana Romero, Dany, R. Betim, Lara, Cilene, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Silvia, Elvira, Bea Mateos, Sofía
AD Alcorcón FSF: Belén de Uña, Isa García, Clara, Desiree, Anita Luján, cinco inicial; tamén xogaron Vadillos, Chili, Irene Samper, Ana Rivera, Vane Sotelo
Goles: 1-0, minuto 5, R. Betim; 1-1, minuto 7, Vadillos;1-2, minuto 12, Vane Sotelo; 1-3, minuto 14, Anita Luján
Árbitros: Iván Feliz Otero // Xurxo García Rodríguez (Ourense). Por Alcorcón amarela a Vane Sotelo (minuto 17), Anita Luján (minuto 23), Vadillos (minuto 27)
Incidencias: Partido da terceira xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 500 espectadores. Minuto de silencio inicial en memoria do ex-director deportivo e ex-técnico do Pescados Rubén Marcelo Santoro ‘Neco’.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
