Cervo, 20 de setembro de 2016. O Concello de Cervo acaba de rematar as obras, cun investimento municipal de 15.000 euros, para diversas melloras nas instalacións deportivas da Veiga, en San Cibrao, que foron visitadas polo alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.
O rexedor municipal explicou que “desde Concello de Cervo rematamos unha serie de traballos nas instalacións deportivas de A Veiga, en San Cibrao. Tratouse en concreto de facer unhas labores de mantemento e tamén de investimento na fontanería das instalacións do polideportivo municipal de San Cibrao. O custe total foi duns 15.000 euros, un diñeiro que foi posto exclusivamente con recursos do propio Concello de Cervo”.
Alfonso Villares engadiu que “era necesario acometer estas obras porque estes últimos anos tamén realizamos outras que permiten que as instalacións do polideportivo de San Cibrao, en concreto os vestiarios, poidan ser utilizados por aqueles equipos que xogan no campo de fútbol de herba artificial que está a carón do pavillón e tamén por aquelas persoas que practican o pádel nas pistas deste deporte que tamén situamos nestas instalacións deportivas”.
O edil de Deportes comentou que “houbo que reforzar a fontanería para dar un servizo máis acorde ao uso que agora mesmo están tendo estas instalacións, que ademais se reforza neste inicio de tempada” e destacou que “desde o Club Deportivo San Ciprián, que basicamente é o que traballa coas categorías base no concello de Cervo, adoptaron a decisión de incorporar novos equipos e novas disciplinas ao propio club. Polo tanto van ter moito máis uso estas instalacións e por iso desde o Concello de Cervo decidimos reforzalas para dar un servizo acorde ás necesidades e que sexa útil e digno para a práctica deportiva neste complexo deportivo de San Cibrao”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



