Ribadeo, 24 de setembro de 2016. O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, pide a colaboración da cidadanía e sobre todo dos establecementos de hostalería para depositar o cartón nos colectores habilitados para este fin, xa que hai preto de 40 instalados na vila.
O edil ribadense lamenta que “teñamos que ver imaxes como as rexistradas hai uns días nalgunha zona de Ribadeo con ducias de caixas acumuladas a carón dun contedor de cartón, que case estaba baleiro”. Díaz Freije lembra que “contamos preto de 40 contedores de cartón e papel colocados ao longo e ancho de toda a vila. E o Concello recolle o cartón porta a porta os martes e os xoves polas tardes, unha medida da que se benefician o pequeno e o mediano comercio. Está claro que as grandes superficies comerciais ou as grandes tendas teñen que desfacerse do cartón que xeran, tal e como recolle a lei correspondente”.
A recollida do cartón que se deposita nos colectores realízase os luns e os venres.
O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos pide colaboración á veciñanza, ao comercio e tamén ao sector hostaleiro: “Ribadeo dispón de contedores verdes e amarelos, de recipientes para o vidro e para o cartón, de aí que lles pidamos a todos que fagan uso deles para gozar dun Ribadeo o máis limpo posible”. Jorge Díaz Freije asegura que “a Policía Local está a realizar informes de todas incidencias que está a atopar na rúa, incidencias coma a de deixar o cartón fora do contedor habilitado para este fin. E despois de ver eses informes haberá que pasar aos feitos, que son as sancións económicas. Non nos gustaría ter que chegar a ese extremo, pero si é necesario haberá que facelo, ao igual que cos donos das mascotas que seguen a deixar as súas deposicións en lugares públicos, ao aqueles que pasean con eles sen levalos atados”.
Jorge Díaz Freije lembra que “o Concello conta cun servizo de recollida de enseres, previa solicitude. Ten un pequeno custe porque desprazamos un camión e tamén persoal. Esta tarefa realízase o primeiro e o último martes de cada mes. Hai que insistir en que estas cousas non se poden deixar tiradas na rúa en calquera lugar, hai que avisar ao Concello e despois xa se pasa a retirar ese material. Estamos fartos de ver sillas, sofás, colchóns… tirados ao lado dos contedores de lixo e iso non pode ser. O que ten que facer a veciñanza é chamar ao Concello para que vaian recoller ese material ou que o leven directamente ao punto limpo. Neste último caso sen custe para o usuario”.
O edil engadiu que “todo o facemos polo ben de Ribadeo e da súa veciñanza” e tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que se comportan de xeito cívico tirando o lixo, os envases, o vidro e o cartón nos contedores instalados para iso e que acoden ao punto limpo a levar os enseres en lugar de deixalos tirados na rúa ou chaman ao Concello para que pasen recollelos. O único que queremos é un Ribadeo limpo, o máis limpo posible”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



