Burela 3-9-16. .Co choque de ida o resultado final da Supercopa de España foi de 7-1 para as colchoneiras.
O duelo comezou co guión previsto xa que as madrileñas tiñan a iniciativa e as burelás esperaban agazapadas para facer dano á contra. Tras uns compases de axustes, o Burela aplicou a súa receita e Elvira gozou dun man a man que Estela desbaratou. Tras esta ocasión as de Iván Cao colleron confianza e levaron perigo á meta defendida por Estela, un par de disparos perigosos presaxiaron a mellor oportunidade laranxa. Elvira fixo mostra da súa atrevemento e cun disparo afastado a punto estivo de abrir o marcador, o larguero evitou o tanto burelao, minuto 7. No ecuador do primeiro periodo chegou a primeira aproximación roxiblanca, Ju disparou pero sen atopar o obxectivo final. O Futsi controlaba o tempo do choque e Ari debuxou un precioso pase que Marta Pelegrín aproveitou para marcar o 0-1, minuto 13. O 0-1 cortou as esperanzas de remontada laranxa e as visitantes gozaron dunha ocasión para irse ao descanso con maior vantaxe pero Jozi gañou o duelo con Amelia. Con 0-1 chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén mantivo o seu espírito combativo pero un disparo de Ari desviouno Marta Pelegrín para marcar o 0-2, minuto 26. As roxiblancas obrigaron a subir a presión laranxa e con máis espazos o Burela acusou o marcador e o cansazo. No tramo final Ari completou o seu gran partido co 0-3, minuto 37, e Faby logrou bater a Nerea desde o dobrepenalti a Nerea, a nova meta mariñá gañara o duelo nun doblepenalti anterior. Sen máis incidencias chegouse ao final dunha Supercopa merecida para o Futsi e que deixa bo sabor no renovado e mozo Burela Pescados Rubén.