Lugo, 5 de setembro de 2016. O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, avanzou este luns que o Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a nova ordenanza do servizo de Teleasistencia da Deputación. Campos Conde explicou que isto permite abrir mañá o prazo de solicitude de máis de 650 novas prazas totalmente gratuítas, pois o Goberno Provincial decidiu asumir todos os custos desta prestación con 300.000 euros. Os interesados poden descargar o modelo de solicitude en www.deputacionlugo.gal. Máis información na web ou en 982-260-138.
Campos e Santos mantiveron hoxe un encontro cunha veciña de 80 anos que é usuaria do servizo de Teleasistencia da Deputación. Fixérono no domicilio da mesma na capital luguesa, onde comprobaron o funcionamento desta prestación cun simulacro.
Gratis e para todos
O titular provincial destacou que a gratuidade da Teleasistencia da Deputación para os seus usuarios, así como o feito de que é unha prestación pública dirixida a todos os maiores ou persoas que sufran algún tipo de limitación en canto a súa autonomía, “son as dúas claras diferenzas coa Teleasistencia da Xunta, pois o Goberno galego obriga ao seu copago, ao tempo que limita esta prestación a persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitas persoas, que necesitan este servizo”.
Máis social e profesional
O Goberno da Deputación introduciu melloras na ordenanza de Teleasistencia, ademais da súa gratuidade, facendo “un servizo máis social e profesional”. O Presidente explicou que “é un servizo máis social” porque por primeira vez se incluíron baremos psicosociais e psicosanitarios para a súa concesión. Por exemplo, terase en conta o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións ou situación familiar dos demandantes. Tamén puntuará o ámbito ou condicións da vivenda, primando aos que vivan no rural, lonxe de núcleos poboacionais ou en zonas de difícil acceso. Outros dos criterios serán a idade, os ingresos, apoios familiares, saúde ou grao de discapacidade.
“É un servizo máis profesional e humano” porque serán os propios traballadores sociais os encargados de valorar a necesidade das prazas para os demandantes. “A concesión non será un mero trámite administrativo. Serán os profesionais os que valoren in situ, en encontros cos solicitantes, a súa situación sanitaria, social ou familiar para comprobar a súa situación real e determinar a necesitade dunha praza”, remarcou.
Preto de 1.600 prazas
Con máis de 650 novas prazas que se poñen agora en marcha, son un total de 1.550 as prazas gratis de Teleasistencia que ofrece a Deputación na provincia. Na actualidade, hai 895 lucenses de Concellos de toda a provincia que contan con este servizo provincial.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



