Lugo, 2 de setembro de 2016. O Goberno da Deputación está a elaborar un plan de emprego social, dotado de 2,5 millóns de euros, xunto a persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión social. O obxectivo desta nova iniciativa é favorecer a contratación destas persoas. Por este motivo, este venres habilitouse en www.deputacionlugo.gal un ficheiro para que trasladen ao organismo provincial os seus perfís laborais.
Na web provincial hai un banner co nome “Emprego para persoas con capacidades diferentes” e un formulario para indicar a súa titulación, experiencia laboral, perfís laborais aos que aspiran… Toda esta información deberá ser remita ao correo area.emprego@deputacionlugo.org ata o 12 de setembro incluído.
Con esta documentación, a Deputación elaborará unha base de datos provinciais, na que se recollerán todos os perfiles laborais das persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas, físicas, ex reos ou vítimas de violencia de xénero.
“O noso obxectivo é primar a contratación destes colectivos no vindeiro plan de emprego social que vamos a poñer en marcha na provincia con 2,5 millóns de euros da Deputación”, remarcou o Deputado de Emprego, Álvaro Santos Ramos.
Santos Ramos e o Presidente, Darío Campos Conde, mantiveron varias reunión con colectivos sociais ou especiais da provincia para definir as liñas de actuación da vindeira programación laboral da Deputación.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



