Burela, 29 de setembro de 2016.-O grupo local O Torques estreará este venres a súa primeira obra de teatro titulada Donde as dan as toman. A representación terá lugar ás 21:30 horas no Auditorio con entrada gratuíta.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes, 30 de septiembre, a las nueve y media en el auditorio, se presenta la primera obra de teatro del grupo de aquí que creamos el año pasado, el grupo O Torques, con una obra que se llama Donde as dan as toman”.
Díaz subliñou que “a mi desde la delegación de Cultura me gustaría pedir el apoyo del pueblo para acompañarles, estar ahí con ellos, y arroparles en ese estreno en su primera obra que llevan ensayando ya varios meses”.
O edil socialista lembrou que “ya habían hecho cosas, pequeñas intervenciones, pero como obra larga esta será la primera. Es un teatro que lleva Juan Villariño, que es el encargado de supervisar y dirigir a todos los chicos y chicas que se apuntaron”.
José Díaz dixo que “tienen todos muchas ganas y como siempre el teatro aficionado es digno de admiración porque no hay ningún tipo de beneficio de ninguna clase por estar ahí y por hacer teatro, y ellos son gente de aquí, de nueva formación con lo que cuesta a veces meterse en este mundo, atraer a la gente y sobre todo actuar delante de los propios vecinos que es más complicado que hacerlo a veces fuera”.
O concelleiro de Cultura en Burela insistiu “en que por eso pido que vayamos muchos a verles el viernes, desde luego dese el Concello ahí estaremos, apoyándoles, y seguro que riéndonos porque hay gente ahí, todos ellos que tienen mucha valía y el trabajo y los ensayos seguro que dieron sus frutos. La entrada será gratuita”.
Inauguración mostra
Tamén este venres, 30 de setembro, ás 20.00 horas terá lugar na Sala de Arte da Casa da Cultura a inauguración da mostra dos artistas burelaos Belén Mogo e Francisco Rolle (Paco).
A exposición presenta uns trinta cadros con temáticas variadas. O horario de visitas é de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Estará aberta ata o vindeiro 19 de outubro.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



