Dende o PP de Viveiro queremos agradecer á Xunta de Galicia as inversións realizadas nos últimos meses no noso Concello e que non veñen máis que a poñer de manifesto o compromiso inequívoco da Xunta con Viveiro e que contrastan co victimismo do equipo de goberno municipal que como consecuencia da súa escasa xestión, están máis ocupados en queixarse que en dar solución ós problemas dos veciños.
Queremos empezar pola máis reciente que non é outra co convenio asinado onte entre a Conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato e o Concello, convenio polo a Xunta destinará 3 millóns de euros para a mellora da EDAR de Viveiro e Celeiro, un primeiro paso para a mellora da nosa fermosa ría.
Agradecer os 40.000 euros que serviron para arranxar a rúa que vai dende Catro Camiños ata o cemiterio de Celeiro (rúa Calvario), os 104.753 euros que posibilitan o inicio das obras para o arreglo da rúa Rego das Flores ou mesmo os 81.704 euros que van posibilitar o arreglo das pistas de Igrexa a Freixido en San Pedro e da de Cabanas a Abuin en Boimente.
Destacar tamén os máis de 500.000 euros invertidos na mellora de 11 centros educativos de Viveiro e que se encontran en moitos casos xa rematadas e outras a piques de facelo.
Agradecer os 60.000 euros destinados a mellora de distintos aspectos na estación de autobuses de Viveiro.
Agradecer igualmente os 71.842 euros destinados a contratación de 10 traballadores durante 7 meses para o servicio de revalorización de espacios públicos, así como os 21.074 euros para a contratación de socorristas durante dous meses e os 5.140 euros para a contratación dun técnico durante tres meses para a oficina de turismo.
En definitiva, máis de 3.880.000 euros en pouco tempo o que da unha idea do compromiso da Xunta de Galicia con Viveiro, en contraposición o victimismo sempre esgrimido polo equipo de goberno socialista de Viveiro quen sempre se queixa de que a Xunta non cumple con Viveiro. Si en vez de queixarse se adicasen a xestionar, seguramente estas inversión serían moito meirandes.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



