Lugo, 8 de setembro de 2016.- Os candidato autonómicos do PSdeG-PSOE pola Provincia de Lugo, Luis Álvarez e Concepción Burgo, e o Deputado Provincial da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deporte, Pablo Rivera Capón, visitaron as instalacións da empresa de turismo Siente Galicia, na cidade de Lugo. Creado como un proxecto innovador por tres mulleres emprendedoras, utilizan as novas tecnoloxías para potenciar o turismo galego e crear un vínculo coa súa gastronomía e tradición, chegando a ser unha das empresas lucenses máis destacables en canto ao carácter innovador da súa proposta, así como polo seu pronto crecemento.
O candidato lucense, Luis Álvarez, trasladou o compromiso dos socialistas galegos coas políticas de emprendemento e creación de empresas, a través dun impulso e coordinación das Redes de Viveiros, Incubadoras e Aceleradoras de proxectos. “Hoxe en día, o sector turístico representa o 11% do PIB en Galicia e xera o 12% do emprego da nosa economía, polo que non se pode consentir a falta de compromiso político de Feijóo, que non foi capaz de trazar unha estratexia turística en todos estes anos, levando a cabo exclusivamente accións incoherentes e orientadas ao curto prazo”, criticou Álvarez.
Os representantes do PSdeG-PSOE afirmaron que a sustentabilidade e a innovación, de cara á mellora da competitividade e da calidade, son os dous parámetros imprescindibles para o desenvolvemento do sector turístico. “Debemos tomar como exemplo empresas como Siente Galicia, pois contribúen a posicionar a marca Galicia a través da construción dunha imaxe baseada na súa identidade cultural como elemento diferenciador”, explicou Luis Álvarez logo da conversa coas fundadoras da empresa.
Finalmente, agradeceron a implicación e acollida destas empresarias, “sen olvidar o moito traballo que fixemos e aínda temos por facer para fomentar o emprego feminino e a igualdade de oportunidades no traballo”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



