Lugo, 8 de setembro de 2016.- Os socialistas de Lugo iniciaron a campaña electoral coa tradicional pega de carteis e trasladando a mensaxe de impedir co seu voto que Lugo volva a ser a provincia olvidada. Así o afirmaron os catro representantes que interviron, o candidato número un e a número dous do PSdeG-PSOE pola Provincia de Lugo, Luis Álvarez Martínez e Concepción Burgo López, o Presidente da Deputación Provincial, Darío Campos Conde e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López.
Luis Álvarez fixo mención aos asuntos que atinxen a toda a provincia, lamentando que “hoxe en día sigan rematadas e sen abrir dúas residencias para maiores na nosa provincia, que non se finalizaran as conexións co Porto Seco ou que Lugo sexa a única capital galega excluída da Alta Velocidade”, feitos que o candidato achacou “a unha falta de empatía total do Goberno de Feijóo cara os lucenses”. Concepción Burgo nomeou algúns dos problemas que “aínda temos sen resolver por un goberno que non puxo en marcha políticas públicas para paliar o problema do desemprego, para dar solucións ás familias con menos recursos, aos dependentes, aos parados de longa duración, a unha mocidade que marcha en busca das oportunidades que se lles negaron na súa terra”.
Campos Conde subliñou que “os lucenses queremos deixar de ser cidadáns de segunda e terceira clase, esixindo servizos sanitarios imprescindibles como a hemodinámica 24 horas e a radioterapia para todos”, engadindo que “non se entende que o Partido Popular volva prometer as mesmas cousas que hai oito anos, queremos a Intermodal, estradas dignas que nos comuniquen co resto do país, queremos revivir o sector lácteo, o pesqueiro, o turístico, o comercial, o de servizos; en definitiva, os lucenses queremos que Lugo deixe de ser a provincia castigada, maltratada e olvidada polo Goberno popular de Feijóo”, zanxou, asegurando que nestes comicios se abre unha porta de cara ás oportunidades da man do Partido Socialista.
Pola súa banda, Lara Méndez subscribiu as palabras dos seus compañeiros, pedindo a confianza de todos os veciños e veciñas “para conseguir por fin unha Galicia que garanta a igualdade de oportunidades, que contribúa a consolidar un verdadeiro benestar para todos”, afirmando que “o voto ao PSdeG-PSOE o vindeiro 25 de setembro será determinante para que Lugo conte con máis oportunidades e poña freo a esta cadea de inxustizas que se teñen cometido desde a Xunta de Feijóo”, concluíu.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



