Lugo, 23 de setembro de 2016. Na última xornada da campaña electora, a candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, apelou ao voto das persoas que están desencantadas e indecisas. Rodil dixo que “imos abrir un tempo novo e para iso precisamos o apoio de todas as galegas e galegos”. A candidata do BNG por Lugo dixo que “nesta campaña demostrouse que somos a proposta verdadeiramente transformadora” e dirixiuse “a todas as persoas que, durante esta campaña, viron en Ana Pontón e no BNG un proxecto serio, válido e ilusionante” para pedirlles o seu voto este domingo.
“Temos que traducir en votos a mobilización e ilusión que xenerou o efecto Pontón” dixo Olalla Rodil que participou na bici-campaña do BNG en Lugo e lembrou que “en Lugo e Ourense vaise xogar a maioría do partido popular nos escanos que disputa co BNG”. “No caso de Lugo ou o escano é para o BNG ou para o PP” asegurou Rodil.
Para Olalla Rodil “non se trata unicamente de sacar ao PP do goberno da Xunta, hai que ter un proxecto político e o BNG ten proxecto para este país” e engadiu “o BNG ten experiencia de goberno nos concellos, nas deputacións e na propia Xunta de Galiza e temos demostrado que os pasos do BNG polos gobernos é bon para as persoas”.
A candidata por Lugo pediu o apoio a todos os galegos e galegas, -votasen o que votasen en anteriores eleccións-, “porque temos un proxecto capaz de sacar Galiza adiante, porque somos garantía de que Feijóo non vai ter segundas oportunidades tras o 25S, e sei que hai moita hoxe desencantada co espectáculo das forzas estatais, que nin deron unha alternativa ao PP nin aproveitaron a súa minoría para derogar leis inxustas como as contrarreformas laborais, a lei mordaza ou a LOMCE”. “O BNG non lle vai fallar a xente deste país”, sintetizou.
Olalla Rodil pechou a campaña, xunto con militantes e simpatizantes, nun acto en Sarria, no que participaron, tamén, o número dous da candidatura, Mario Outeiro e a concelleira do BNG en Sarria, Mónica López. Durante a xornada de reflexión Olalla Rodil estará con familiares en amigos na súa vila natal na Ribeira de Piquín.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



