O Vicedo, a 01/ 09/ 2016.- As asociacións Mariña Patrimonio e Nordés Faladora vén de organizar para o sábado 10 de setembro unha conferencia a cargo do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago Mariño, co título “Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”. Esta actividade, con entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.00h na Casa de Cultura de o concello de O Vicedo.
A xornada completarase cunha visita ao mosteiro de San Miguel na illa Coelleira, que partirá do porto de O Vicedo ás 10.00h. Dado que a visita á Coelleira ten límite de prazas, é imprescindible ter feita a reserva previamente.
Ás 14.30h haberá un xantar na Casa Fanego de San Román e as persoas que queiran participar nel teñen como data límite para anotarse o mércores 7 de setembro. Finalmente, tralo xantar, farase unha visita ao xacemento arqueolóxico de Os Moutillós.
Para coñecer os prezos e as condicións da viaxe á Coelleira así como o custe do xantar, cómpre contactar con Miguel Vizoso no teléfono 619 55 32 36.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



