Viveiro 2-9-16. Despois de participar na feira de Estocolmo “Formex”, e na de Madrid “Intergift” Regal Ceramica acude por duodecima edición consecutiva,
dentro do apartado Craft de lês Metiers d´Arte de France, dentro da feira de Maison & Objet de Paris
A participación de Regalceramica, tras a boa acollida dos anos pasados, vai dirixida a tendas e galerias especializadas en “Obxetos de arte” donde soio expoñemos novedades de Cerámica artística en gres de alta temperatura, pezas de gran tamaño, destinadas a tendas de obxetos de arte, decoración de interiores e mobiliário, unha colección de “Pezas únicas” Esculturas numeradas de 1 ao 10. e firmadas con color e deseños vangardistas.
Como novidades presentase um apartado de “Obra de Autor” de Otero Regal.
Cave destacar que dende a nosa participación en Maison & Object exportamos a ARABIA SAUDI, LIBANO, DUBAY, TAIWAN, Rumania, Irlanda, Francia, Itália, Alemania, Gran Bretaña e USA entre outros destinos……….
Sair fora das nosas fronteiras e hoxe unha necesidade obligada para continuar coa producción do noso obradoiro e manter os postos de traballo do mesmo. Hoxe non se pode quedar quieto esperando que papa estado ou quen seña che vella a solucionar o problema das ventas.
Maison & Object é o mellor reflexo do dinamismo e do carácter emprendedor cun enorme potencial comercial. A aposta polos conceptos de diseño, calidade, creatividade e presentación, así como o crecente avance da cultura da moda para o fogar, Protagonizan a oferta deste salón orientado ó comprador mais selectivo e esixente.
O contido de Maison & Object articulase en torno a oito sectores que comprenden desde a mais ampla variedade de complementos indispensables para o equipamiento e a decoración integral do fogar, hasta as novas propostas en textil, menaxe, artesanía, artículos de viaxe e todo un completo repertorio de orixinais ideas en regalos informales, de fantasía, infantis, e obxetos útiles adaptados ós novos hábitos do consumidor.
Alfonso Otero Regal