A Casa das Letras de Ribadeo acolle o venres 30 de setembro a partir das 20.00 horas unha charla informativa con activistas de BDS e SLG baixo o título “Mulleres rumbo a Gaza. Naveguemos para romper bloqueos e prexuízos”.
O 14 de setembro de 2016 partirá dende Barcelona a sexta Flota da Liberdade que ten por obxectivo romper o bloqueo a Gaza por mar. Desta vez a flota será composta exclusivamente por mulleres para poñer en releve a tripla opresión que veñen sufrindo as palestinas: a xerada pola ocupación israelí, a causada polo patriarcado e, non menos relevante, a opresión xerada pola mirada occidental, que relégaas o papel doméstico e pasivo. Unha imaxe completamente equivocada.
O Estado de Israel, Exipto e seus aliados ten levado a cabo un bloqueo a Gaza iniciado en 2007 por terra, mar e aire, pero a ocupación/invasión dese territorio Palestino xa duran 67 anos con apoio das principais economías e grupos internacionais.
Esa ocupación/invasión do territorio palestino ven acompañada de ataques armados que destrúen casas, escolas, hospitais, rúas e matan moitas e moitas persoas. Ademais da violencia directa, tense levado a cabo restricións a todo que é básico para a vida como auga, terras, sementes, electricidade, etc que poñen mais difícil a realización das tarefas mais básicas do día a día. Se suma aínda, as restricións de desprazamento entre aldeas ou mesmo rúas; controles militares, barreiras de separación (muros), toques de recollida, por citar algunhas. Todo iso ten impedido as persoas de faceren e refaceren as súas vidas. Ir o colexio ou xogar diante da casa é un perigo constante e imperante para nenas e nenos palestinxs.
Durante todos estes anos somos testemuña dese apartheid, da limpeza étnica do pobo palestino e da súa colonización. En consecuencia, labregas e labregos perderon as súas terras, as súas casas están sendo destruídas e a súa reconstrución impedidas. Mais de 800.000 hectáreas xa foron desapropiadas das mans de familias palestinas e están sendo ocupadas por colonos israelí sionistas oriúndos de diferentes partes do mundo. Mais de 700.000 palestinxs son refuxiados en súa propia terra. Da mesma forma, as familias mariñeiras son impedidas de pescar a mais de 3millas náuticas, mesmo que o Acordo de Oslo teña determinado o permiso de 20millas náuticas. Polo tanto, resulta nunha actividade insuficiente para servir de sustento familiar. Como vivir nunha situación coma esta? Que facer?
Algunhas mulleres intentan crear empregos por si mesmas. Un deles é “6 flores” de 2014. Un grupo de mulleres que decidiron por a venta os bordados tradicionais gazatíes. Despois de unha experiencia de éxito, venderon seus traballos a Qatar e obtiveron algúns ingresos. Pero cando intentaron repetir o feito con outros países, Israel non o permitiu. Ese é un símbolo de como Israel nega a Gaza a posibilidade de prosperar.
Por todo iso, falar de Palestina tamén é falar de resistencias, de loitas e revoltas, sendo innegábeis as contribucións que as mulleres ten dado pola liberación do seu pobo. Elas son unha inspiración e exemplo para todas as persoas que desexamos un mundo mellor. Elas non se calaron en ningún momento. Son líderes e participan activamente de concentracións, marchas e protestas pola liberación de seus familiares e amigas que están nas cárceres israelís, conducen boicots contra os produtos e grupos sionistas, continúan a plantar en seus campos, reconstrúen casas, pese as consecuencias, organízanse para prestar servizos de educación e saúde polas aldeas e campos de refuxiados. Día tras día elas desafían os bloqueos, as balas, as bombas e as leis inxustas implantadas por Israel ou polo machismo da súa sociedade na busca dunha vida libre e digna.
¡Viva a loita das mulleres palestinas!
Non podemos deixar que esa colonización e exterminio siga. É preciso apoiar a todas esas persoas que loitan pola soberanía do seu pobo, na busca polo dereito a liberdade e de poder sentirse seguras e a salvas.
Unha das formas de apoiar esa loita é colaborar co boicot ao Estado de Israel e apoiar o desinvestemento e as sancións a este Estado.
Por iso, nos solidarizamos coa causa do pobo palestino e reforzamos o boicot a todos os produtos e servizos do Estado de Israel. Repudiamos a colaboración do Estado Español e da UE ao proxecto Europeo Law-Train que visa desenvolver tecnoloxía para unificar a metodoloxía de interrogatorios policiais, lexitimando as practicas israelís de controle e represión militar que inclúen a tortura. Así como os acordos de cooperación académica entre a USC con Universidade sionistas participando así na violación dos dereitos humanos en Palestina.
Esperemos que a flota de Rumbo a Gaza, consiga por fin ao bloqueo de Gaza, pese as dificultades e os perigos que esas mulleres, de forma voluntaria, van enfrontarse. E que a comunidade internacional coñezan e presten atención a esa causa que non é só do pobo palestino, si non de toda a humanidade.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



