Lugo, 10 de setembro. “Cidadáns é a aposta pola innovación que necesita o sector primario en Galicia tras moitos anos de políticas ineficaces que non deron ás profesionais solucións aos problemas dos diferentes sectores” afirmou Toni Cantó en Lugo tras reunirse co colectivo Agromuralla e a Asociación de Mulleres Rurais acompañando a Cristina Losada, candidata de Cidadáns á Presidencia da Xunta de Galicia.
O Deputado Nacional de C’s afirmou que “o potencial do sector primario en Galicia require que desde as administracións ofrezamos facilidades ós profesionais do sector para impulsar a innovación e a modernización que nos permitan ser competitivos nun mercado global”.
Cantó apostou por coordinar o labor das explotacións lácteas e pediu un Goberno de España “coa fortaleza e o liderado suficientes para defender en Bruxelas os intereses dos nosos gandeiros”.
Cristina Losada (C’s) remarcou o compromiso da formación laranxa co sector primario e mostrou a súa confianza en que “políticas de investimento e impulso ben feitas, con seriedade e con participación dos profesionais do sector, permitan aproveitar todo o potencial galego” á vez que apostaba polo sector lácteo “como un elemento que fixa poboación no mundo rural e axuda a loitar contra o drama do despoboamento que sofre Galicia”.
Durante a súa visita a unha explotación gandeira nos arredores de Lugo Toni Cantou finalizou cunha mensaxe de optimismo “Se Cidadáns é decisivo, o próximo Goberno da Xunta deixará de ser un obstáculo e pasará a ser un impulso para a agricultura, a gandería, a pesca e o sector forestal en Galicia”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



