Os alumnos de 1º da ESO do IES Perdouro de Burela participaron nunha actividade que, baixo o título Xogo xigante da Mobilidade, “pretendeu que os rapaces aprendan a desprazarse correctamente en diferentes medios: coche, bicicleta, patíns; e como non, cando son peóns. Neste xogo os rapaces participan en grupos e teñen que consensuar a súa resposta para ir avanzando polas casillas ata acadar a meta”, explican as monitoras de Gaia. Noelia María Ben, concelleira de Medio Ambiente, declarou: “parécenos un boa maneira de aprender xogando e de favorecer a mobilidade sostible”. A actividade enmárcase dentro da programación da Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolve en Burela ata o xoves.
