O Deputado de Deportes, Pablo Rivera, presentou este luns na Mariña o Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retoma este xoves en todo rural lugués. Fíxoo nun acto no Concello burelés, xunto ao Alcalde, Alfredo LLano, e representantes das 25 asociacións dos municipios da Costa que participan nesta programación. Trátanse de colectivos de Burela, Viveiro, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Trabada, Barreiros, Lourenzá, Cervo, Ourol e Muras.
Rivera Capón remarcou que “Movémonos está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.
Un total de 82 asociacións, 25 da zona norte, 41 do centro e 17 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.300 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de outubro e prolongarase ata finais de ano.
Concretamente, na Mariña Lucense participan as seguintes asociacións:
ZONA NORTE
Burela Asociación Camiña
Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental “A Mariña”
Fundacioneuson
Afan Burela (Alzheimer)
Viveiro Aspanane 1
Aspanane 2
Afavi
Ribadeo As. Asistencial Virxe Do Carme De Foz
Foz A Mariña- Cogami
Mondoñedo Centro San Pablo E San Lázaro
Asociación Ti Elixes
Asociación De Veciños O Castelo De Oirán
Escola Do Carmen
Asociación Veciñal San Andrés De Masma
A Pontenova Udp Val De Miranda
Trabada Asociación Os Tres Pes
Barreiros Asociación O Cazcallal (Vilamar)
Asociación A Parrala (Rilleira)
Asociación Celeiro De Mariñaos
Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña
Lourenzá Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe
Cervo Asociación Veciños Burgo De Trasbar
Aa.Vv. San Román De Vilaestrofe
Ourol Asociación Irmáns Vilar Ponte
Muras Asociación Cultural Xistral
Actividades
A metodoloxía de traballo basearase no Enfoque educativo do Construtivismo, o cal concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros/as e os/as facilitadores/as. As actividades que se ofrecerán son as seguintes:
– Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
– Ximnasia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
– Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir no noso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previrenfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
– Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
– Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
– Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



