A Mariña, 13 de outubro de 2016. A vindeira semana será aprobada a inclusión do Concello de Viveiro na Mancomunidade de Municipios da Mariña. So estaba pendente o informe favorable da Dirección Xeral de Administración Local para efectuar o correspondente cambio estatutario, que xa foi recibido hai uns días, segundo deu a coñecer nesta xornada Alfredo Llano.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña contou que “recibimos a notificación o 22 de setembro de algo que tíñamos solicitado desde fai moito tempo, que era poder incluír a Viveiro dentro da Mancomunidade dunha maneira xa formal e definitiva. Pero para iso houbo que solicitar un cambio estatutario á Dirección Xeral de Administración Local. Agora xa nos comunicaron ese informe favorable e por tanto xa temos todo en marcha, todo o que se requiría que era este informe da Dirección Xeral e tamén temos de forma favorable un informe que tiña que emitir a Deputación Provincial”.
Llano explicou que “agora soamente falta un requisito e imos convocar un pleno para o 20 ou 21 deste mes que vai ser en Burela e aí imos dicirlles a todos os concellos que se pronuncien favorablemente sobre a inclusión de Viveiro na Mancomunidade. Non vai haber problema ningún como é evidente, pero é un requisito formal que teñen que facer, temos que aprobar todos en pleno a inclusión de Viveiro na Mancomunidade”. E engadiu: “por fin temos este requisito para poder facer a variación do estatuto para poder incluír a Viveiro dentro da Mancomunidade. De feito xa estaba sendo incluído, participamos con el en todo aquilo que organiza a Mancomunidade, pero polo menos xa o temos de xeito formal que xa era tempo de que puidéramos facer este trámite”.
Plan Avanza
O presidente da Mancomunidade tamén se referiu hoxe ao plan Avanza, no que participan os Concellos de Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, Burela e O Vicedo. Lembrou que “o plan Avanza no que estamos seis concellos incluídos é un programa de emprego e formación, que se está levando con fondos europeos, da Xunta de Galicia e tamén dos seis concellos que estamos participando. Os trámites que estamos a facer agora xa se teñen mandado a través da oficina do INEM de Ribadeo, que actuou como coordinadora de todas as oficinas do INEM de A Mariña. Fíxose unha selección, de acordo coas bases para este programa, de 120 persoas que cumpren os requisitos que se especifican nas bases”.
Alfredo Llano manifestou que “hai 60 prazas e nós pedimos 120 persoas ao INEM para que non houbera dificultades en facer unha selección, que será a partir do 17 de outubro cando se convocou a cada unha das persoas que foron seleccionadas para que viñeran ao Concello de Burela onde se van informar a través dos técnicos dos diferentes concellos que conformamos este programa. Imos informar e determinar quen vai participar despois na formación e máis tarde na posible integración laboral que será durante tres meses a través deste programa. Haberá que insertar laboralmente como mínimo a 21 persoas e estamos traballando xa os seis Concellos que estamos implicados”.
Para o presidente da Mancomunidade “todo está funcionando bastante ben e hai en cada unha das seccións suficientes persoas como para facer a selección a partir do 17. Cada un dos seleccionados recibiu unha carta e con ela vai vir aquí ese día toda a mañá. Estaremos aquí agardando por esas persoas con técnicos de cada un dos Concellos, que estarán para axudar e informar de todo aquilo sexa importante”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



