O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, presentou este xoves unha nova programación da Deputación de cooperación cos Concellos mediante a cal o Goberno Provincial pon a disposición dos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes axudas por un total de 160.000 euros para financiar gastos correntes pola organización e celebración de actividades culturais e deportivas durante o 2016.
Santos Ramos explicou que destes 160.000 euros, 80.000 euros son para financiar actividades culturais e outros 80.000 euros para deportivas. Con respecto ao ano pasado, o Executivo acordou incrementar estes fondos con 40.000 euros máis. Ademais, tamén decidiu distribuír este orzamento en base a criterios totalmente obxectivos.
Estes son a superficie do Concello, a poboación, o número de entidades poboacionais, o esforzo fiscal, os equipamentos culturais dispoñibles, as instalacións deportivas coas que conten e número de clubs deportivos existentes.
O Vicepresidente apuntou que en base a estes criterios, os municipios poderán recibir un mínimo de 2.000 euros (1.000 para actividades culturais e 1.000 para as deportivas), e un máximo de case 3.400 euros (1.700 para actividades culturais e 1.700 para as deportivas).
Algúns exemplos dos gastos correntes que a Deputación pode financiar aos Concellos con esta programación son: o funcionamento das escolas deportivas, a organización de campionatos ou competicións deportivas, programacións de teatro ou cine, xornadas divulgativas nas Casas da Cultura ou Museos…
“Como cada Concello ten necesidades diferentes, decidimos asinar con cada Concello o seu respectivo convenio e, deste xeito, financiar os gastos correntes que cómpren”, adiantou Santos Ramos.
O Executivo aprobará esta programación en vindeiras Xuntas de Goberno para que os municipios de sumen ao mesmo e logo asinen cadanseu convenio.
Máis programación do Goberno obxectivas e para todos
O Goberno da Deputación ten en marcha outras 5 programacións totalmente obxectivas e para todos os Concellos, principalmente, para os de menos de 20.000 habitantes, por valor de 11,3 millóns de euros. E é que o Executivo da Deputación decidiu distribuír a totalidade destes fondos en base á superficie do Concello, aos número de entidades de poboación, ao envellecemento, ao esforzo fiscal…
Estas programacións son:
– o POS: mediante o cal a Deputación financia con preto de 5 millóns de euros obras de mellora en infraestruturas dos 67 Concellos da provincia.
– o DepuEmprego: a través do que o Executivo da Deputación decidiu financiar con 3 millóns de euros a contratación de novos traballadores nos municipios para reforzar as prestacións públicas locais aos veciños, xerando emprego ao mesmo tempo.
– o SAF: mediante o cal o Goberno Provincial acordou asumir con 1,5 millóns de euros a totalidade dos custos municipais polo Servizo a Domicilio que se presta a máis de 1.300 maiores da provincia, especialmente, do rural lugués.
– o Plan de Aforro Enerxético: co que o Executivo Provincial asume con 1,5 millóns de euros a adquisición de equipamento eficiente co obxectivo de reducir os cuantiosos gastos correntes que teñen os Concellos.
– o Plan de TIC´s: a través do que a Deputación financia con 300.000 euros as melloras que os Concellos teñen que realizar nas sedes electrónicas con motivo da entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



