A Asociación Socio Cultural “A Pomba do Arco” arranca unha nova actividade neste mes de Outubro denominada “Coñecemos Foz” e que ten como obxectivo achegar e dar a coñecer aos mariñáns diversos lugares singulares do noso Concello que a pesar da súa significación e interese cultural, social ou ambiental non contan co nivel de coñecemento que se merecen.
A primeira destas visitas realizarase o Sábado 29 de Outubro ao “Espazo Caritel”, un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella Catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río “Caxigueiro”. O “Espazo Caritel” está formado por unha sala de exposicións que no seu baixo alberga o taller do propio artista, un edificio deseñado polo arquitecto Xosé Moscoso que busca a modernidade e o respecto polo contorno e un xardín de máis de tres mil metros cadrados que acolle especies das máis diversas.
O percorrido polo “Espazo Caritel” vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona. No xardín podemos ver desde o “gingko bihkola”, a arbore máis antiga do mundo, a unha ampla variedade de folgueiras, entre as que destaca unha chegada de Cedeira e que é a única do mundo que se reproduce por esporas. Aínda así a grande xoia deste xardín é unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies.
As persoas interesadas en participar desta actividade, que estará guiada polo propio Caxigueiro, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do venres 28.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



