A S.M. Dona Letizia visitaba o IES San Rosendo de Mondoñedo para inaugurar o curso de FP 16/17 sobre o que alumnos e alumnas expuxeron proxectos da súa elaboración.
Tamén participaba na visita o ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo; o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Deputación, Darío Campos; e a alcaldesa da localidade, Elena Candia; entre outros.