Mondoñedo 24 de outubro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quixo agradecer a distinción que o Ministerio de Educación outorgou ao IES Sa Rosendo da localidade dentro das condecoracións que concede a Orde Civil Alfonso X El Sabio a entidades que se distinguiran, neste caso, no eido educativo. Candia destacou do centro formativo da cidade o “enorme servizo que está a ofrecer á provincia dende hai máis de 60 anos a través da contribución de xeracións de alumnos” e á cidade “ao converterse nun dinamizador da actividade municipal”
Neste senso, a condecoración recibida polo Instituto de Educación Secundaria é “o froito de anos de traballo moi coidado” desenvolvido pola comunidades educativa, asegurou a rexedora, quen quixo felicitar “a todo cadro educativo tanto o actual como o que ao longo dos anos dende 1954 formou parte da historia deste centro e que “cos seus coñecementos e a súa dedicación converteron o instituto de Mondoñedo nun referente no seu ámbito”.
A alcaldesa de Mondoñedo tamén puxo en valor a “importancia” que esta condecoración ten para a cidade mariñá xa que “é un novo acto que pon a Mondoñedo no mapa e que potenciará a imaxe da nosa localidade, ademais de situala como un referente educativo”. “Mondoñedo é historia e é cultura e continuamos a contribuír ao enorme legado recibido”, matizou.
Elena Candia asegura ademais que os centros de ensinanza de Mondoñedo “convertéronse en dinamizadores da nosa actividade municipal e un dos novos compromisos dende o Concello e no que continuaremos a traballar é na ampliación da oferta educativa para o que sempre trasladamos o noso apoio e a nosa colaboración”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



