Lugo, 3 de outubro de 2016.- A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, subliñou este luns que o PP de Lugo “contribuíu de xeito determinante na maioría excepcional que fará que Galicia volva ter o mellor presidente”. Así, explicou que o PP obtivo 8 dos 14 deputados electos na provincia de Lugo, o que supón o 52,85% dos votos, fronte ao 19,02% do PSOE, o 15,37% de En Marea e o 7,40% do BNG.
O PP de Lugo foi a forza máis votada en 64 dos 67 concellos, é dicir, no 95% dos municipios. Deste xeito, a candidatura popular na provincia de Lugo suma 96.728 votos, 20.249 votos máis que as forzas da oposición unidas (PSOE, En Marea e BNG que conseguiron 76.479 sufraxios). Os populares lucenses obtiveron un respaldo superior en cinco puntos á media autonómica, acadando o segundo mellor resultado das catro provincias galegas, despois de Ourense.
Na reunión celebrada esta tarde en Lugo da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Lugo, presidida por Alberto Núñez Feijóo e pola presidenta provincial, Elena Candia, esta destacou ademais a vantaxe con respecto ao PSOE; que medra dos 28 aos 33 puntos de diferenza e con respecto ao BNG; de 42 a 45 puntos de diferenza. En canto ás cidades, o PP obtivo en Lugo o mellor resultado das sete grandes cidades de Galicia e foi a forza vencedora nos oito concellos máis poboados da provincia.
O PP foi tamén o partido máis votado entre os residentes no exterior cun 47,41% dos apoios, 595 votos, fronte aos 288 do PSOE, os 160 de En Marea e os 36 do BNG. O PP, polo tanto, dobrou o número de apoios con respecto á segunda forza. Con respecto ás anteriores eleccións autonómicas, os populares incrementan en 3 puntos o seu apoio.
Con respecto ás pasadas eleccións, as autonómicas de 2012, o PP de Lugo tamén aumenta o apoio, que sobe nun 1,37%. Ademais, O PP incrementa o seu apoio electoral na provincia en case dous puntos respecto aos comicios de 2012, a pesar da menor participación.
O PP de Lugo levou a cabo unha campaña de proximidade non só coa xente da rúa, senón tamén pegada aos sectores estratéxicos da provincia. Tanto na precampaña como na campaña fixéronse unha media de catro actos diarios, reunións comarcais, almorzos sectoriais, 59 mitins, paseos, repartos e visitas a empresas, entre outras accións.
Aumento da presenza en redes sociais
A presidenta do PP de Lugo agradeceu e puxo en valor o traballo que desde o partido se fixo a través das redes sociais o que, segundo destaca, “axudou a espallar o noso proxecto entre a xente moza e multiplicar o número de persoas ás que achegarnos”.
A nova páxina web recibiu un total de 18.400 páxinas vistas e preto de 2.000 visitantes únicos, o que a converten nun espazo de referencia a nivel provincial. A presenza foi tamén relevante nas redes sociais, a través dos perfiles de Facebook e Twitter, nos que o número de seguidores tamén se viu incrementado de xeito destacado.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



