Madrid, 7 de outubro de 2016. O deputado de En Marea por Lugo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha proposición non de lei que insta ao Ministerio de Medio Ambiente a “axilizar o proxecto de trasvase de área na praia de Covas (Viveiro) debido á súa grave situación de deterioro. É só unha medida paliativa urxente e temporal”.
E dada a total falla de concreción existente, Miguel Anxo Fernán Vello demanda que se concreten prazos de execución así como a distribución do investimento a realizar tanto por parte do estado como da Xunta.
Mais consciente da temporalidade desta medida, o deputado de En Marea insta ao Goberno a aprobar, en colaboración coa Xunta de Galiza e co concello de Viveiro, un Plan de Rexeneración e Rehabilitación da Praia de Covas que “sexa respetuoso co medio ambiente e co ecosistema mariño, co obxetivo de remediar a grave degradación do areal debido ao impacto negativo dos recheos e das obras portuarias executadas nos últimos anos”.
Anuncios en periodo pre eleitoral que logo non se cumpren
Miguel Anxo Fernán Vello reprocha ao deputado do PP en Cortes, Jaime de Olano, que “no pasado mes de xuño, en pleno periodo pre eleitoral, anunciase que na segunda quincena de setembro se iniciarían as actuacións de trasvase de área. Estamos a 7 de outubro e non hai nada de nada. A praia continúa deteriorándose”. O deputado de En Marea tamén quer amosar a “súa estraneza porque este tipo de anuncios procedan dun deputado no Congreso en lugar de vir dalgún responsábel do Ministerio de Medio Ambiente ou da Xunta, que sería o normal. Máis en xuño as elecións galegas aínda estaban pendentes, era época de anuncios que logo non se cumpren”.
A cuestión, puntualiza Miguel Anxo Fernán Vello, “é que a día de hoxe non existe un horizonte temporal para unha actuación urxente e necesaria, sobre todo porque estamos ás portas do inverno, estación na que a situación se empiora”.
As políticas do cemento alteraron o ecosistema mariño
Para o parlamentar de En Marea, a idea de trasvasar área “non deixa de ser unha actuación temporal de urxencia que non vai cambiar a situación, nin vai repór as correntes, nin solucionará todo o impacto provocado no ecosistema mariño. É tan só unha medida paliativa para parar o deterioro dunha praia emblemática.
O deputado por Lugo de En Marea afirma que a praia de Covas “debería servir para reflexionar sobre as políticas de abuso do ladrillo e do cemento, favorecedoras de determinados intereses pero sempre alleas á preservación do medio ambiente ou a un desenvolvemento sostíbel”. Pón de manifestó que a Ría de Viveiro sofre as consecuencias do impacto de recheos e outras obras portuarias que modificaron a dinámica das ondas, variaron as correntes, razón que fai que as mareas leven a área da zona de Os Castelos á zona situada no outro extremo, cara O Cembedo, onde se vai acumulando. E así é como o areal vai desparecendo”.
Miguel Anxo Fernán Vello salienta a enorme preocupación social polo estado desta coñecida praia. “Situación que levou a centos de habitantes da comarca a facer actos de protesta e incluso unha cadea humana para demandar que se adopten medidas de protección do areal”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



