O Concello de Mondoñedo será escenario o vindeiro martes 18 de outubro, Día Grande das San Lucas, do acto de presentación oficial do libro “Don Quijote y la sombra del Obispo Guevara”. A obra, un verdadeiro libro-obxecto, unha peza artística en si mesma, é un relato de Ramón Loureiro ilustrado por Antonio Seijas no que, no 400 aniversario da morte de Cervantes, a cidade mindoniense queda vencellada para sempre á mellor tradición cervantina. A presentación do libro, editado pola prestixiosa editorial Trifolium, terá lugar no marco das actividades da renovación do irmandamento entre Mondoñedo e Ferrol, as dúas capitais da Diocese.
Ramón Loureiro, (Sillobre, Fene, 1965), Premio Nacional de Periodismo Julio Camba, é unha das figuras de referencia da narrativa española contemporánea. Académico de número da Academia de San Rosendo e autor dalgún dos máis grandes títulos da narrativa hispana contemporánea, como “Las galeras de Normandía”, Loureiro é o creador dun universo literario que se corresponde cos Galicia do Norte e que ten as súas capitais en Mondońedo e Ferrol.
Antonio Seijas (Ares, 1976) é un dos ilustradores de maior prestixio da súa xeración, e a súa obra pódese contemplar en diferentes países de Europa, e neste libro ofrece Unha visión do Mondoñedo de Guevara chea de maxia, de color e de emoción.