Burela, 28 de outubro de 2016.O Concello e o Consorcio da Igualdade e Benestar acometerán nos dous vindeiros as obras que faltan para a entrada en servizo da nova escola infantil. A data prevista para a apertura do centro é principios do 2017. Técnicos de ambas entidades visitaban hoxe, xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e outros membros do equipo de goberno as obras e acordaban os prazos nos que se executarán os traballos pendentes.
O rexedor explicou que “estivemos na obra onde está a escola infantil vendo todo o que hai que facer, que é bastante pero pensamos que se vai poder realizar a gran maioría antes de que finalice o ano, que é o que se pretende. Imos acometer inmediatamente o que é a conexión das augas pluviais e residuais a unha canalización do Concello, imos facelo xa para a semana que ven. Tamén eu penso que comezaremos a obra da escollera, que é unha das que vai levar máis tempo, creo que mes e medio ou dous meses, depende de como veña o tempo. É a obra máis complicada de todas. Vanse comezar as obras para telas rematadas o 31 de decembro”.
Alfredo Llano engadiu que “hai outras obras que van ser as de perimetrar cun valado que vai facer o Concello, e quedaría para o final un arranxo unha vez feita a escollera cunha parte axardinada para que fagan prácticas de horta os escolares. Xa nos mes de xaneiro imos rematar cun muro na parte frontal da escola que quede esteticamente ben ao mesmo tempo que dea seguridade”.
O alcalde burelés declarou que “o Consorcio vaise encargar da obra da escollera, da nivelación e preparación do terreo dentro da escola, vai facer a eliminación das barreiras arquitectónicas, que xa estaba contemplado no orzamento do proxecto anterior, e tamén se vai encargar da parede que irá a carón da escola. O Concello o que vai asumir vai ser a conexión de pluviais e residuais, o peche perimetral cun valado e a conexión de electricidade”.
Finalmente Alfredo Llano dixo que “máis adiante xa falaremos do resto que corresponde ao Consorcio como é o convenio. Penso que agora mesmo vai moi ben, tanto o Concello como o Consorcio temos as cousas claras e imos colaborar as dúas entidades para que sexa unha realidade a posta en funcionamento da escola infantil de Burela o antes posible”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



